_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Os veciños das 30 vivendas desaloxadas polo lume de Xiabre regresaron as súas casas. Segue a alerta por posibles rebrotes

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, compareceu este mediodía para dar conta da situación actual e a vivida esta madrugada na parroquia de Cea a causa do incendio forestal rexistrado en Xiabre e que leva arrasado unhas 350 hectáreas de monte dos municipios de Vilagarcía e Caldas. A intensidade das lapas e a velocidade á que se propagaban durante á noite debido ao intenso vento obrigaron a desaloxar 30 vivendas dos lugares de O Vento e de Aldea de Arriba, así como as empresas do polígono do Pousadoiro. Os veciños puideron volver as súas casas ao longo desta mañá e as fábricas retomaron á actividade. Varela explicou que, pese a estar controlado e estarse realizando abores de refresco, mantense a alerta ante o elevado risco de rebrotes.
05.08.2022.- O rexedor, que xunto aos membros do seu goberno, pasou boa parte da madrugada en Cea para facer seguimento do operativo e acompañar aos veciños, ofrecéndolles os recursos municipais que necesitasen, explicou que se viviron momentos dramáticos e de moita tensión vendo o avance do lume e co temor de que chegase a alcanzar os núcleos de vivendas. “Afortunadamente non se produciron danos persoais e cumpriuse o obxectivo de que as lapas non chegasen a ningunha casa, aínda que si se veu afectada a chatarraría do Pousadoiro e se escoitaron algunhas pequenas explosións nesa zona”, sinalou.

O alcalde comentou que o lume chegou a atravesar a estrada do Pousadoiro e rodeou o parque empresarial para continuar avanzando cara Fonte Fría. De feito a estrada do Pousadoiro estivo cortada durante toda a noite, ao igual que a circunvalación norte que enlaza o Pousadoiro con Carril. Á,balas dúas vías están aberta aos tráfico tamén dende esta mañá.

O Concello mobilizou todos os medios municipais dispoñibles, tanto materiais como persoais, que estiveron traballando dende que se declarou o incendio, a última hora da tarde de onte, e de corrido durante toda a madrugada e a mañá de hoxe. De feito, os efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias, Protección Civil, Policía Local e persoal de outros servizos municipais, continuaban a pé de terreo a mediodía e en situación de alerta realizando labores de refresco e limpeza vixiando a aparición de posibles rebrotes. Tamén se desprazou a Cea persoal de Servizos Sociais para contactar cos veciños das vivendas máis próximas á zona do incendio para ofrecerlles a axuda que precisasen, especialmente a persoas maiores e con problemas de mobilidade.

O alcalde de Vilagarcía aproveitou para recoñecer o traballo realizado por todos eles, e agradeceu tamén a colaboración dos servizos autonómicos de extinción de incendios e dos de emerxencias de municipios veciños como Cuntis ou Sanxenxo, que desprazaron medios e persoal ata Vilagarcía, e ás brigadas doutros concellos. Varela tamén agradeceu a axuda prestada por corpos e forzas de seguridade, como Policía Nacional, Garda Civil e UME sinalando que “é en situacións tan difíciles como esta cando verdadeiramente se valora e se ve o necesario que é contar cuns servizos públicos potentes e ben dotados para que poidan responder como é debido en situación de emerxencias. Por iso non se deberían cuestionar os investimentos para mellorar os servizos tan importantes como os sanitarios ou os de emerxencias”.

Tamén en sinal de agradecemento se dirixiu ás empresas concesionarias do Concello que desprazaron á zona camións e vehículos cisternas cheos de auga coa que reabastecer aos vehículos de extinción de incendios acurtando así as distancias a recorrer e os tempos de actuación, así como a outras firmas da comarca que contactaron co Concello para ofrecer os seus medios.

O rexedor quixo poñer en valor a solidariedade dos vilagarciáns “que unha vez máis estiveron a carón dos veciños afectados para apoialos e ofrecerlles a súa axuda”.

O alcalde non quixo especular sobre a causa do lume. Recoñeceu que o patrón é similar ao de outros incendios rexistrados na última década na zona de Xiabre, con varios focos que parten da parroquia caldense de Saiar, ao anoitecer, cando xa non se poden recorrer a medios aéreos de extinción, e sempre coincidindo con días de intensos ventos e altas temperaturas. “Semella pouco probable que con estas características sexan causas naturais. Pero si é consecuencia da man do home, ben intencionadamente ou debido a algunha neglixencia, terán que dicilo os técnicos cando teñan rematada a investigación. Polo momento o máis importante ´`e urxente é extinguir o lume e evitar que o vento que segue soprando avive as brasas, porque o terreo aínda está moi quente e as temperaturas tamén son moi elevadas”.

O alcalde suspendeu a axenda de actos prevista para o día de hoxe, co obxectivo de desprazarse de novo a Cea e poder continuar co seguimento ás labores de control do incendio e de acompañamento á veciñanza.

Tamén se suspende ata nova data a inauguración da exposición "Aquí non chega!".

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2022  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
SanRoque 2022
Plan de Mobilidade Urbana e Sostible (PMUS)
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2022. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -