_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
FESTAS
A Festa da Auga quenta motores coa apertura da exposición “Aquí non chega!”

Co obxectivo de ir saciando a sede dos vilagarciáns que esperan dende hai dous anos volver a participar na Festa da Auga, o Concello de Vilagarcía inaugura mañá, venres 5 de agosto, “Aquí non chega!”, a exposición que percorre a historia deste singular e popular evento nacido de xeito espontáneo a finais da década dos 70 do século pasado para converterse nun dos principais acenos de identidade das Festas de San Roque e de Vilagarcía. Fotografías, un vídeo, obxectos relacionados coa festa e tamén algunhas das camisetas coas que os vilagarciáns participaron estes anos na refrescante celebración, compoñen o corpo da exposición que se abrirá ás 20.30 horas na sala Rivas Briones.
04.08.2022.- Para ir creando ambiente de cara á festa do vindeiro 16 de agosto, e a modo de chisco ao que se aveciña, un vaporizador de auga instalado na porta de acceso á sala Rivas Briones simulará a chegada dos visitantes á “zona húmida”.

Xa dentro, os espectadores poderán facer un percorrido cronolóxico pola historia da festa a través das imaxes tomadas por fotoxornalistas que cubriron o evento no período comprendido entre os anos 1978 e 2019 (a última edición celebrada antes de que a pandemia obrigase a suspender as celebracións multitudinarias). Ademais das imaxes do xentío gozando da refrescante experiencia de mollar e ser mollados, as fotos tamén lembran ás persoas que, ano tras ano, subiron á cazoleta da grúa do Concello para ler o pregón da Festa da Auga e inaugurar a celebración baleirando sobre a multitude un caldeiro ao berro de “auga vai!”.

Tamén no primeiro andar, os visitantes poderán gozar da proxección dun vídeo da Festa da Auga elaborado por Rafa Sabugueiro fillo, con gravacións tomadas por el mesmo e polo seu pai durante ás últimas catro décadas.

No primeiro andar exporanse as camisetas editadas pola comisión organizadora da Festa da Auga durante estes anos, ilustradas por deseñadores da zona, e tamén se exhibirán aquelas coas que participaron no evento outros colectivos, peñas e persoas a título individual, que cederon temporalmente as prendas para a organización da mostra, e con cuxos lemas facían alarde do seu enxeño e humor ligando modas, feitos de actualidade e ditos populares coa Festa da Auga.

Documentos e obxectos moi recoñecibles polos asiduos á festa, como altofalantes e algún que outro bombo da peña Os Gloriosos completan os contidos da mostra.

E para que os motores vaian quentándose como é debido, a Banda de Música de Vilagarcía intervirá na inauguración para interpretar o pasodobre “Triunfo”, banda sonora da típica estampa da imaxe de San Roque bailando no seu traslado dende a igrexa ata a capela que leva o seu nome, e o himno galego co que o santo entra de costas na ermida para dar paso á lectura do pregón e ao inicio da Festa da Auga.

A mostra poderá visitarse ata o 10 de setembro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2022  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
SanRoque 2022
Plan de Mobilidade Urbana e Sostible (PMUS)
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2022. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -