_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As bandeiras azuis xa volven a ondear nas praias do Campanario e da Compostela

As bandeiras azuis concedidas pola Adeac ás praias do Campanario (Bamio) e da Compostela (Vilagarcía) ondean dende hoxe en ámbolos dous areais. O alcalde, Alberto Varela, foi o encargado de izar esta mañá os panos que acreditan a calidade das augas e dos servizos destas dúas praias, así como a súa accesibilidade. Ao acto asistiron tamén os concelleiros de Medio Ambiente e de Turismo, Diego García e Álvaro Carou respectivamente, e Alba Briones, edil de Promoción Económica.
06.07.2022.- O alcalde comentou que aínda que o acto de izado das bandeiras azuis se repite xa dende hai anos en Vilagarcía, “non deixa de ser un momento importante porque simboliza a calidade dos nosos areais, algo que non sucede por casualidade, senón pola labor que se vén desenvolvendo de forma continuada para seguir mellorando a calidade das augas e dos servizos”. Neste punto referiuse por exemplo á renovación das pasarelas de madeira que dan acceso ao areal da Compostela, que os operarios municipais remataban esta mesma mañá de colocar. “Para garantir un mellor mantemento e durabilidade das mesmas, instalamos pasarelas desmontables, de xeito que se podan recoller durante o inverno, que é cando máis danos sofren e se deterioran polos efectos da climatoloxía”.

Tamén se estaba a rematar o acondicionamento do estacionamento de vehículos do Parque da Compostela, adecuándoo ás normas de accesibilidade para as prazas reservadas para discapacitados, e o servizo de socorrismo opera neste areal e no do Campanario dende o pasado venres, 1 de xullo en horario continuado de 12.30 a 20.30 horas. Na praia do Preguntoiro, aínda que non é obrigatorio por non contar con bandeira azul, tamén se presta desde onte o servizo de vixilancia e socorrismo.
Varela tamén recordou que a Compostela recuperou a bandeira azul hai xa tres anos grazas ás melloras realizadas en materia de saneamento que permitiron elevar o nivel de calidade das augas, asegurando que “seguimos traballando nesa liña para volver a izar o pano no Preguntoiro canto antes e, aínda coa dificultade que supón a proximidade da actividade portuaria e do funil que se crea co peirao do Ramal, tratar de que A Concha se sume tamén algún día” á lista de bandeiras premiadas pola Adeac.

A todo isto, o rexedor engadiu as accións promovidas polo Concello para dinamizar a zona dos areais durante todo o ano, coa renovación do Paseo Marítimo por exemplo, e en especial na tempada de verán, organizando neles actividades como as sesións chillout de Ás Nove na Praia, ou o festival Atlantic Fest, cuxos escenarios xa se estaban a montar hoxe. “Este traballo está dando os seus froitos facendo que as nosas praias sexan un lugar cada vez máis interesante para xerar negocio. De feito este ano xa hai hostaleiros interesados en montar chiringuitos na praia. As nosas praias son un recurso que temos que coidar e tamén que temos que saber aproveitar para sacarlles rendemento durante o verán”, concluíu.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -