_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Policía Local retoma as patrullas en bicicleta polas zonas peonís e de praias

A Policía Local de Vilagarcía volve a patrullar en bicicleta este verán polas rúas, espazos peonís da cidade e nas praias. O servizo comezou a funcionar onte con quendas de mañá e tarde co obxectivo de chegar e estar presentes nas zonas do municipio ás que non poden acceder en coche ou que, polos longos percorridos, dificulta facelo a pé. En consecuencia, a labor dos ciclo axentes centrarase nas zonas peonís, paseo marítimo e praias. O Concello dispón de cinco bicicletas híbridas para o servizo e os axentes foron debidamente uniformados segundo a normativa en vigor para as patrullas ciclistas.
05.07.2022.- Os ciclo axentes velarán pola normal convivencia entre ciclistas e peóns nas zonas de uso comúns e polo correcto uso das ciclovías e carrís bici. Encargaranse de que os ciclistas e outro tipo de ciclos ou patíns a motor circulen á velocidade e axeitada, similar ao paso dos peóns nas zonas de uso compartido, respectando as debidas normas de seguridade. Os axentes levarán a cabo una labor principalmente informativa e educativa, aínda que tamén denunciarán os casos reincidentes ou graves. Non obstante, a súa labor abarcará todas as demais funcións correspondentes ao Corpo e prestarán especial atención a garantir que os propietarios de cans cumpran as normas, tanto ás relativas á recollida de feces como aos lugares polos que poden soltar aos animais e os horarios para facelo. Moveranse principalmente pola franxa marítima entre Carril e Vilaxoán, pasando polo centro urbano e parques públicos.

Para o desenvolvemento deste servizo, o Concello adquiriu xa hai uns anos 5 bicicletas híbridas dotadas de baterías extraíbles e recargables mediante conexión á rede eléctrica. A idea é dotar a dúas patrullas de dous axentes cada unha, e manter unha bicicleta como reposto. Trátase de vehículos híbridos que permiten alternar a impulsión por pedaleo coa de motor eléctrico. Os vehículos levan sistema de control do nivel de asistencia para selección a potencia do motor a través do guiador, contan con luces dianteiras e traseiras con alimentación por batería, dispoñen de alforxa e van correctamente rotuladas segundo a normativa policial.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -