_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello inclúe na Ordenanza de Circulación os asentos adicionais e os remolques de bicicleta

No marco das medidas para impulsar e facilitar o uso da bicicleta como medio de desprazamento cotiá pola cidade e tamén para cubrir o baleiro legal existente na actualidade no que ao uso de asentos adicionais e uso de remolques en ciclos se refire, o goberno local de Vilagarcía eleva ao Pleno do xoves a inclusión destes supostos na Ordenanza Municipal de Circulación.
28.06.2022.-Para axilizar a regularización destas medidas de cara ao verán, cando se usan máis este tipo de medios de desprazamento, e non deixar sen cobertura normativa aos usuarios, a proposta materializarase a través dunha modificación puntual da norma en vigor, trámite moito máis inmediato que esperar á aprobación definitiva da Ordenanza de Mobilidade que substituirá á de Circulación que, pese a estar moi avanzada, precisa dun procedemento máis longo.

A necesidade de regularizar o uso de asentos adicionais para bebés ou remolques nas bicicletas parte tamén dunha demanda cidadá e recolle o sentir trasladado dende o colectivo Arousa en Bici, que sinalou o desamparo legal dos usuarios para poder utilizar estes sistemas complementarios coa actual normativa. Aínda que a lei xeral, a priori, non contempla estes usos, deixa en mans das normativas municipais a súa regulación. E isto é o que se propón facer o Concello de Vilagarcía no Pleno deste xoves.

Por outro lado, a redacción da nova Ordenanza de Mobilidade, á que substituirá á actual Ordenanza Municipal de Circulación, está xa moi avanzada. Maila isto, co obxecto de que o novo texto se adapte perfectamente ao Plan de Mobilidade Urbana e Sostible en proceso de elaboración e contemple todas as situacións nel recollidas, encargouse á empresa redactora do PMUS, GEA 21, unha asistencia técnica para encargarse da parte da norma relativa á regulación das zonas de aparcamento existentes no municipio en base a como quedarán definidas no Plan de Mobilidade. Este estudo definirá e regulará o funcionamento dos estacionamentos de residentes, en zonas de servizo, en zona azul, áreas de carga e descarga, etc... O obxectivo é que todas as posibles situacións queden perfectamente especificadas e reguladas no texto inicial, co obxecto de que non queden supostos sen recoller nin baleiros legais e non sexa necesario ter que ir introducindo modificacións posteriores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -