_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Teconoloxía, navegación e escape rooms integran a

A Concellería de Xuventude completa a oferta de actividades gratuítas de verán para o público infantil e xuvenil do municipio organizando unha "Semana de Aventura" para o sector de maior idade, a rapazada de 13 a 17 anos de idade. Este novo programa inclúe un campamento tecnolóxico, o Tecnoverán, outro sobre navegación, o Nauticverán -ámbolos dous de unha semana de duración- e dúas sesións de escape rooms a desenvolver nunha única xornada. En total ofértanse 95 prazas de inscrición gratuíta, O prazo para anotarse na primeira das actividades, o campamento tecnolóxico, ábrese mañá, 29 de xuño e remata o 4 de xullo.
28.06.2022.- A primeira das actividades a desenvolver será a do Tecnoverán, obradoiro práctico sobre aspectos tecnolóxicos de interese para a rapazada que se impartirá durante a semana do 11 ao 15 de xullo, de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas e nas aulas do Centro de Formación de Matosinhos. Ofértanse 20 prazas.

O Nauticverán celebrarase na semana do 1 ao 5 de agosto. dado que as actividades e deportes náuticos son a súa temática, a súa base de operacións serán a illa de Cortegada e a Praia de Compostela. Tamén se impartirá de luns a venres e o horario é de 9 a 14 horas. Ofértanse 15 prazas o prazo de inscrición vai do 11 ao 19 de xullo.

En cada unha das sesións de escape room poderán tomar parte 30 mozos e mozas divididos en seis grupos de cinco compoñentes. Seguindo o formato propio deste tipo de actividade, desenvolveranse por diferentes escenarios da contorna urbana e natural da vila. A primeira sesión, titulada "Estrelas", será a do día 11 de xullo e dende unha perspectiva de igualdade, abordará a temática das mulleres que tiveron especial relevancia na historia. Poderán inscribirse nesta actividade entre o 29 de xuño e o 6 de xullo. A segunda xornada, a do 12 de agosto será a da "Noite Meiga" e versará sobre os mitos e lendas de Galicia e o prazo para anotarse é do 18 ao 26 de xullo.

Estas actividades están dirixidas a rapazada empadroada en Vilagarcía, nada entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 200 e tamén poderán participar menores en situación de tutela por parte da administración que estean acollidos en centros do municipio.

Para poder participar en calquera das actividades da Semana de Aventura, os interesados deberán realizar unha preinscrición (indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e data da actividade elixida no caso dos escape rooms), a través dos seguintes medios:

Tecnoverán: https://forms.gle/y7yv2YDfjKtCg6V47
Nauticverán: info@corticata.com
Escape room: info@territorio-comanche.com

As prazas cubriranse por orde de entrada e as admisións comunicaranse aos interesados para que, a continuación, formalicen a inscrición remitindo o formulario xenérico debidamente cuberto e achegando a documentación indicada nas bases. Poderán facelo a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal), do mail xuventude@vilagarcia.gal , ou ben presencialmente a través do Rexistro Xeral. O formulario atópase na mesma sede, ao igual que as bases, que tamén se pode consultar no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal .

Oferta de conciliación, ocio e tempo libre dende os 3 aos 17 anos

Con este novo programa, a Concellería de Xuventude cobre a oferta de actividades gratuítas de verán para a franxa da poboación infantil e xuvenil de idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos. Para contribuír á conciliación das familias e proporcionar unha alternativa de ocio e ocupación do tempo libre educativa á vez que lúdica que facilite a socialización entre a rapazada e a práctica de actividades grupais e ao aire libre, o departamento que dirixe Alba Briones organiza os Campamentos Urbanos de Verán para nenos e nenas de 3 a 7 anos, os campamentos temáticos (medioambiental, ecoartístico e multiaventura) para rapazada de 8 a 12 anos, e agora a Aventura de Verán para a mocidade de 13 a 17. Todos estes programas son de balde para os participantes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -