_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Banda de Música de Vilagarcía bótase á rúa en xullo con concertos en distintos espazos da cidade

A música volverá a soar nas rúas da cidade durante o mes de xullo cos concertos que ofrecerá a Banda de Música de Vilagarcía a través do programa "A Banda na Rúa", incluído no convenio de colaboración financiado polo Concello. Grazas a este ciclo, a agrupación de Vilagarcía actuará en diferentes puntos da cidade co obxectivo de achegarse á veciñanza e de chegar a un maior número de público. Ravella, O Piñeiriño, Vilaxoán e Carril serán os escenarios nos que recalará a formación dirixida por Jesús Nogueira durante as vindeiras semanas, facendo gozar aos vilagarciáns das interpretacións da respectada e querida Banda.
28.06.2022.- O ciclo comezará o vindeiro domingo, 3 de xullo, cun concerto matutino no Piñeiriño. Comezará ás12.30 horas. O venres15, a música da renovada formación vilagarciá volverá a soar nun dos escenarios habituais nos últimos tempos: os Xardíns de Ravella, neste caso, a partir das 21.00 horas. Ao día seguinte e coincidindo coa celebración do Día do Carme, o sábado 16 de xullo, a Banda adquirirá todo o protagonismo na Praza Rafael Pazos de Vilaxoán a partir das 21.00 horas. E tamén coincidindo coas festas do Apóstolo en Carril, o ciclo de "A Banda na Rúa" pecharase este ano o luns, 25 de xullo, co concerto das 13.00 horas na Praza da Liberdade.

O programa "A Banda na Rúa" enmárcase nas actuacións incluídas no convenio de colaboración asinado entre a formación musical e o Concello de Vilagarcía co obxectivo de garantir que a música da formación máis senlleira e popular de Vilagarcía chegue a todas as parroquias e a todos os lugares do municipio e de que toda a veciñanza poida ter a satisfacción e a oportunidade de gozar da súa múisca. Ademais deste ciclo, o convenio financia tamén a presenza da Banda de Música nas festas das parroquias e outras actuacións estelares como nas festas de San Roque ou Santa Rita, por poñer algúns exemplos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -