_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
FESTAS
Barón Rojo porá a nota heavy aos concertos de San Roque en Vilagarcía

O cartel dos concertos das festas de San Roque en Vilagarcía complétase coa incorporación dunha das bandas máis míticas do heavy español: Barón Rojo. A formación creada na década dos 80 tocará o sábado 13 de agosto no Parque da Xunqueira no marco da súa xira de despedida que este e o vindeiro ano os levará por escenarios de toda España, Sudamérica e Estados Unidos. Os amantes do metal español máis clásico poderán volver a escoitar grandes éxitos da banda como "Larga vida al rock& roll", "Hijos de Caín", "Con las botas sucias", "Los rockeros van al infierno" ou "Siempre estás ahí".
25.06.2022.- Barón Rojo despegou no ano 1981 con "Larga vida al rock and roll", o éxito inmediato do álbum que levaba ese mesmo título e ao que seguiron o multiplatino "Volumen Brutal" e "Metalmorfosis" que os elevaron ao Olimpo do rock con audiencias xigantescas e ventas millonarias de discos. Ao final dos 80, tras a marcha de dous seus compoñentes, Sherpa e Hermes, os irmáns Carlos e Armando de Castro fanse cargo da banda e, non sen dificultades durante a década dos 90 -tempos pouco favorables para o rock-, sacan discos como "Arma Secreta". Na última década, Barón Rojo colleu un novo pulo e volveu a tocar en grandes recintos e ante públicos multitudinarios.

Con Barón Rojo, a Concellería de Cultura completa un cartel de actuacións musicais para as festas de San Roque no que inclúe unha ampla variedade de estilos co obxectivo de tratar de chegar a públicos de todos os gustos e de todas as idades. Os concertos comezarán o xoves 11 de agosto co pop de La La Love You. O venres 12 será o trap de Hens o que soará na Xunqueira para un público máis xuvenil. O sábado 13, o heavy metal tronará da man de Barón Rojo e o domingo 14, a melódica voz da cantante e compositora chilena Mon Laferte, encandilará a un público máis versátil cos seus temas que van dende o bolero ao rock, pasando pola cumbia, o pop e ata o reaggy. Por último, o poprock doutra banda mítica, MClan, soará en directo o venres 19 de agosto. Os amantes da verbena, terán este mesmo día, o 19 de agosto, a actuación da orquestra New York na Avenida da Mariña. Todas as actuacións son de balde.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2022  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
SanRoque 2022
Plan de Mobilidade Urbana e Sostible (PMUS)
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2022. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -