_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os remanentes tamén financiarán o pump track, a gaiola de atletismo e parte da glorieta de Fontecarmoa

Os 2.251.343 euros de remanente resultante dos Orzamentos Municipais de 2021, ademais de financiar a compra do solar da Comandancia e a demolición de dúas naves do peirao do Ramal (que se levan algo máis da metade da suma dispoñible), destinaranse á realización de obras, como a execución do pump track da Florida (para o que se reservan 48.388 euros), a renovación da gaiola de lanzamento das pistas de atletismo (18.136 euros), ou a completar as partidas xa reservadas para a execución da glorieta de Fontecarmoa (con 37.628 máis) ou para reforma integral do pavillón de Fontecarmoa (con outros 245.233 euros).
23.06.2022.- A distribución dos remanentes chegará a distintas concellerías con partidas de menor importe que as sinaladas anteriormente, que servirán para financiar actuacións ou programas concretos ou simplemente para incrementar os orzamentos dispoñibles polos departamentos. Así, para a Fundación de Deportes resérvanse outros 14.758 euros para obras no almacén do campo de fútbol Manuel Jiménez; Cultura, Xuventude e Promoción Económica reciben dos remanentes partidas para melloras no Auditorio, o programa de Cine na Rúa, convenios con colectivos culturais e sociais, ou programas de colaboración co comercio e a hostalaría.

No apartado de incremento orzamentario, entre outras, tamén reciben fondos as partidas dedicadas á mellora de camiños veciñais (con 15.000 euros máis), Educación (30.000), Igualdade (10.000) e a gastos correntes da Fundación de Deportes (40.000) e do Conservatorio (20.000).

A proposta de distribución dos remanentes de 2021 someteranse á aprobación do Pleno ordinario que se celebra o vindeiro xoves, 30 de xuño.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -