_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Sae a licitación a renovación das luminarias do campo de fútbol da Lomba cun investimento de 130.680 euros

O Concello de Vilagarcía abriu hoxe o proceso de licitación do subministro das novas luminarias para o campo municipal de fútbol da Lomba. Cun prezo de licitación de 130.680 euros, a actuación permitirá mellorar a iluminación do terreo de xogo, adaptándoo ás condicións que esixe a Federación para competicións de nivel estatal, ademais de incidir nun maior aforro enerxético e favorecer a redución das emisións de CO2. As empresas interesadas no contrato poden presentar as súas ofertas a través da plataforma pública de contratación ata o día 8 de xullo. A adxudicataria disporá dun prazo de 2 meses para realizar o subministro.
23.06.2022.- A actuación financiarase a través do Plan Concellos 2022/23 da Deputación Provincial de Pontevedra, que xa hai unhas semanas que confirmou a subvención do 100% do orzamento.

O proxecto previsto suporá substituír os 40 proxectores halóxenos de 2.000 W de potencia existentes na actualidade, por outros tantos de tecnoloxía led con potencias iguais ou inferiores aos 1.440 W, sempre que garantan un nivel de luminosidade de 500 lux, o que mellorará considerablemente as actuais condicións lumínicas do terreo de xogo. Este requirimento de menor potencia tamén suporá un importante aforro económico no consumo eléctrico a asumir polo Concello en comparación co gasto actual.

A obra enmárcase nas medidas de mellora da eficiencia enerxética que está a levar a cabo o Concello de Vilagarcía en diversas instalacións municipais, así como nas políticas que se promoven dende a UE para reducir a pegada de carbono.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -