_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A noite de San Xoán volverá a brillar en Vilagarcía co lume de 327 cachadas, se o tempo o permite

A noite de San Xoán continúa sendo unha das celebracións populares máis esperadas do ano, como o demostran as numerosas festas públicas e privadas que se organizan cada ano para dar a benvida ao verán co rito do lume. Así o reflicte en Vilagarcía o elevado número de permisos solicitados pola veciñanza para prender as tradicionais cachadas na noite do 23 ao 24 de xuño. Este ano serán 327 as fogueiras que iluminarán a noite de San Xoán en Vilagarcía, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Ademais, 18 establecementos hostaleiros solicitaron autorización para organizar grelladas na vía pública.
22.06.2022.- Todas as solicitudes son para realizar cachadas na noite de San Xoán, e unha parte delas tamén pide permiso para facer fogueiras na de San Pedro, que se celebra o 28 de xuño, aínda que son moitas menos.

Entre os lugares elixidos para facer as cachadas, a maioría son fincas privadas distribuídas por todo o municipio, pero tamén hai solicitudes para organizar cachadas en espazos públicos tanto en zonas rurais como urbanas, como a do barrio do Piñeiriño ou as 25 rexistradas para realizalas nas praias (todas na da Concha-Compostela coa excepción de unha en O Campanario-Bamio e outra en Canelas-Sobradelo).

A priori, o Concello autoriza a realización de todas as celebracións que tramitaron a solicitude, co condicionante de que deben cumprir as normas de prevención, seguridade e limpeza indicadas no bando publicado a finais do mes de maio. Os responsables das cachadas e os lugares de celebración quedan rexistrados para información e, de ser o caso, inspección por parte dos Servizo Municipal de Emerxencias. Aquelas fogueiras ou grelladas de hostalería que non fosen autorizadas ou para as que non se presentase solicitude previa, non se poderán levar a cabo, quedando encargados os servizos municipais de impedir o seu desenvolvemento.

Normas de obrigado cumprimento

A fogueira terá un perímetro de seguridade de 6 metros de radio por cada metro da altura combustible, porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos e de que estean lonxe de zonas arboradas, así como de que nos arredores non exista ningún local lo que se almacenen produtos inflamables. Non se poderán acumular combustibles nos arredores das cachadas e tampouco se poderán queimar nelas material contaminantes ou perigosos, como pneumáticos, aerosois, etc...

Ademais, deberá dispoñerse de material para a extinción do lume, tal como caldeiros con auga, area ou extintores, e os organizadores están obrigados a deixar completamente apagada a fogueira antes de marcharse, para o cal deberán empapala en auga. Ademais, con exceso de vento non se poderá prender a fogueira.

En canto ás cachadas nas praias, deberán cumprir tamén o requisito de instalarse respectando os 6 metros de servidume de paso dende a liña de preamar ou marea alta, tal como se recolle na ordenanza reguladora do uso das praias, e outros 6 metros de marxe respecto ao bordo do paseo marítimo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -