_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A compra da Comandancia e a demolición das naves do Ramal financiaranse con parte do remanente de 2021

A compra dos terreos da antiga Comandancia de Mariña e a demolición de dúas naves do peirao Ramal son dúas das actuacións que o Concello de Vilagarcía financiará con parte do remanente resultante do orzamento municipal de 2021. A suma destas dúas operacións ascende a 1.357.426 euros, o que supón que algo máis da metade dos remanentes (que acadaban os 2.251.343 euros) se destinará a dous dos grandes proxectos programáticos do goberno de Alberto Varela: a futura construción do novo centro de saúde no solar da Avenida da Mariña e a recuperación do peirao do Ramal para o uso público.
22.06.2022.- En concreto, a compra do solar da Comandancia absorberá 1.157.496,75 euros dos remanentes, o prezo total fixado no acordo acadado entre o Concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria., e a demolición das dúas naves do Ramal que lindan co paseo marítimo e a Praza da Concha, outros 200.000 euros.

O destino final dos remanentes someterase á aprobación do Pleno deste mes de xuño. Unha vez realizado este punto xa só quedaría que a Autoridade Portuaria completase o trámite para poder formalizar a venta. Segundo a información facilitada ao alcalde, o organismo portuario levará tamén este mes ao seu Consello de Administración o informe de Portos do Estado autorizando a venta, quedando pendente unicamente recibir o visto bo da Facenda do Estado, trámite que se calcula podería completarse no prazo aproximado dun mes.

Unha vez materializada a compra, o Concello podería demoler o edificio, para o cal xa se está redactando o proxecto e xa existe dotación orzamentaria a través do crédito incluído no orzamento deste ano para executar a obra. Despexado o solar e totalmente libre de cargas –algo que se estima que estea no que queda de ano- o Concello porao a disposición do Sergas co obxectivo de que inicie canto ates a construción da nova e necesaria infraestrutura sanitaria, para a que xa se está redactando o proxecto construtivo e que se financiará con fondos europeos.

No que á recuperación do Ramal para uso público de refire, o Concello xa ten tamén encargada o proxecto de demolición das dúas naves, polo que a actuación tamén se podería executar ao longo do segundo semestre do ano. Trátase das dúas construcións situadas á entrada do peirao, ás que lle corresponden ao Concello segundo o acordo coa Autoridade Portuaria. As outras, as situadas máis adiante, quedan en propiedade do Porto, que actuará nelas para axustalas ao novo uso público que terá toda a zona do Ramal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -