_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Vilagarcía declara o Interese Turístico Local do Atlantic Fest

O Concello de Vilagarcía vén de declarar o Interese turístico local do Atlantic Fest, o festival musical que este ano se celebrará os días 15, 16 e 17 e xullo na praia da Concha. A medida foi aprobada pola Xunta de Goberno Local como consecuencia das novas directrices que está a aplicar Costas do Estado para permitir o desenvolvemento de actividades nos terreos de dominio público marítimo terrestre. O cumprimento deste requisito permitirá axilizar a autorización do organismo á realización do evento no areal vilagarciá.
25.05.2022.- A maiores da calidade dos artistas que compoñen o cartel en cada edición e do elevado número de persoas que o Atlantic Fest atrae á cidade procedente de diferentes lugares de Galicia e Portugal, entre as motivacións argumentadas para a declaración de interese turístico local deste festival destaca o seu orixinal formato, que potencia as actividades diúrnas ademais dos concertos de noite, co que ten un efecto dinamizador da zona; que inclúe un programa multidisciplinar no que teñen cabida música, literatura, deporte, exposicións e actividades de ocio e medioambiente; e pensado para as familias, con oferta tanto para o público infantil como adulto.

Ademais, na proposta sinálanse outros méritos que xustificarían a declaración de interese turístico local, como os recoñecementos que ten acadado o Atlantic Fest dende a súa creación en 2016, así como o impacto que ten na economía da comarca, e que se estima en 1.8 millóns de euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -