_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello apura o inicio da nova Biblioteca contratando as direccións de obra e a coordinación de seguridade

O inicio da construción da nova Biblioteca Municipal e Vilagarcía entra na conta atrás. O Concello de Vilagarcía apura ao máximo estes días os últimos trámites co obxectivo de que a esperada obra comece canto antes. De feito, a Xunta de Goberno Local adxudicou o martes as direccións de obra e a coordinación de seguridade, trámites necesarios para poder comezar os traballos que executará a firma Obras Gallaecia e que teñen un prazo de execución de 12 meses.
25.05.2022.- Dado que o proxecto da “Reforma de local na Rúa Castelao 7 para Biblioteca Municipal” diferenciaba a parte da obra de rehabilitación da dos traballos referentes ás instalacións e servizos, tamén se encargan as direccións de obra de forma independente, de xeito que sexan técnicos especializados en cada materia os que fagan seguimento e revisen o desenvolvemento dos traballos conforme ao proxecto. Así, a Dirección de obra do proxecto básico e de execución correrá a cargo dos técnicos de Redondo, Valladares e Rodríguez Arquitectos, a firma redactora do proxecto. Este contrato adxudicouse por 18.137 euros. Por outro lado, da dirección dos traballos da parte de instalacións e sistemas de enerxía encargarase a firma INOUS Enxeñería Global, que cobrará pola supervisión 14.520 euros. Por último, a Dirección de execución material e coordinación de seguridade e saúde adxudicouse ao arquitecto técnico Xulio Fernández Pazo por 17.998 euros.
Completados estes trámites, nos vindeiros días procederase á firma do contrato coa empresa adxudicataria das obras, Obras Gallaecia que, a partir de entón, xa estaría en disposición de comezar os traballos no mes de xuño.
O Concello de Vilagarcía inviste na construción da nova Biblioteca Municipal 1.648.266 euros que se financiarán a través do programa ReacPon da Deputación nun 70% do orzamento e de fondos municipais no 30% restante. Anteriormente, o executivo local xa destinara 450.000 á adquisición dos locais da antiga sede do Liceo-Casino. Trátase dunhas instalacións de 1.482 metros cadrados repartidos en 1.274 metros de superficie interior e 208 exterior (terraza e patios). As dependencias distribúense en tres niveis: baixo, entreplanta primeira e entreplanta segunda.

A reforma do local da rúa Castelao permitirá habilitar un novo e moderno equipamento cultural que será eficiente enerxeticamente, en liña cos obxectivos da Axenda 2030, e que se construirá atendendo a criterios de máximo confort e funcionalidade para os seus usuarios, xa que as instalacións adaptaranse ás necesidades e servizos cos que debe contar unha Biblioteca do século XXI, así como a toda a normativa de accesibilidade. Coa execución desta obra resolverase a maior necesidade que tiña Vilagarcía en materia de infraestruturas culturais e aténdese una antiga demanda cidadá.

Servizos e equipamentos do novo centro cultural
O acceso á Biblioteca realizarase a través da entrada principal ao antigo Liceo-Casino, cun tramo de escaleiras dende a rúa Castelao e un ascensor adaptado, dende Xeneral Pardiñas, que permitirá chegar de forma directa a todos os niveis da Biblioteca.

Os espazos principais da Biblioteca (salas de lectura) situaranse próximos ás fachadas para aproveitar ao máximo a luz natural e emprazaranse no que era a zona do salón de baile. Organizaranse en dous niveis aproveitando a galería existente, utilizando o baixo desta para situar unha liña de andeis a modo de depósito aberto de libros. A hemeroteca situarase entre as dúas renxías paralelas orientadas cara a rúa Xeneral Pardiñas e o mostrador de información e préstamo irá neste nivel, fronte as escaleiras.

Na fachada que dá á Rúa Covadonga irán a oficina de administración e dirección e a zona de ordenadores con acceso a internet. O espazo central da planta, onde estaba a cafetería, converterase nun depósito aberto de libros, detrás do cal haberá outro pechado. Os espazos de almacenamento, instalacións e aseos distribuiranse en torno ao patio central do edificio. Tamén haberá aseos para os usuarios (de homes, mulleres e un adaptado) xunto a zona de lectura, dispostos na cara interna do edificio. E fronte a eles, ao outro lado do corredor, irá a zona de persoal, dotada de vestiario e aseos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -