_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O Centro de Emprendemento do Concello preséntase en sociedade cunha xornada de networking aberta ao público

Aínda que xa leva dende primeiros de maio funcionando nos locais da rúa Os Duráns, o Centro de Emprendemento e Consolidación Empresarial creado polo Concello de Vilagarcía presentarase en sociedade este xoves, 26 de maio, mediante a celebración dun acto aberto a todos os interesados. A actividade elixida para o arranque público do servizo será unha xornada de networking sobre "Marketing Sostible" que impartirá o reputado consultor de marketing, estratexias e comunicación, Javier Varela.
23.05.2022.- A concelleira Alba Briones será a encargada de presentar a xornada dirixida a emprendedores, empresas e organismos de promoción económica. Baixo o título “Marketing Sostible”, o relator exporá os cambios que se están producindo no mercado, así como a importancia de que as empresas e os profesionais empecen a contar con estratexias de marketing máis sostibles, compatibles coa contorna e a sociedade.

A actividade comezará ás sete da tarde nas instalacións do Centro de Emprendemento, situado no baixo no número 7 da rúa Os Duráns. O evento está aberto ao público interesado, que deberá formalizar a súa inscrición no correo cev@investinvilagarcia.com antes das 14:00 horas do 26 de maio.

O Centro de Emprendemento e Consolidación Empresarial é unha iniciativa posta en marcha pola Concellería de Promoción Económica e Emprego no marco do Plan de Promoción e Recuperación Económica de Vilagarcía deseñado polo goberno local co obxectivo de paliar os efectos da crise económica consecuencia da pandemia. O novo servizo ten como misión apoiar e impulsar o emprendemento para facilitar a creación, despegue e consolidación de novas empresas que contribúan a dinamizar a economía local e a crear emprego de calidade na cidade.

Así, o Centro nace coa vocación de ser un espazo referente no emprendemento en Vilagarcía de Arousa, aberto a todos os emprendedores e axentes socio económicos do Concello. Entre outros servizos, ofrecerá atención e asesoramento a emprendedores e empresas novas, realizará obradoiros de definición e aceleración de proxectos, xornadas de networking, accións de promoción da innovación e o emprendemento, e contará cun sementeiro de proxectos empresariais.

Un experto de recoñecido prestixio para inaugurar o servizo

Javier Varela é un reputado experto en marketing que conta cun extenso currículo: Director de Proxectos e Consultor de marketing, estratexia e comunicación no gabinete Toctoc Marketing, ocupou e ocupa cargos como Interim Marketing Manager en Gradiant, Centro Tecnológico TIC, consultor de marketing colaborador en EOSA Consultores e Asesor de marketing na Fundación Galicia Sustentable. Traballou en multitude de proxectos, tanto para importantes empresas privadas como para institucións públicas. Marcas como Volkswagen, Absolut, Telefónica ou McDonalds, e axencias da talla de Proximity, Tribal DDB, Hello Media ou BuzzParadise, atópanse entre a súa carteira de clientes. Imparte formación e conferencias en diferentes foros e exerce como profesor colaborador de IESIDE Business Institute e profesor homologado da EOI.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -