_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno contrata a redacción do proxecto técnico para construír un pump track na Florida

O goberno local de Vilagarcía segue atendendo as peticións realizadas polos distintos colectivos e asociacións veciñais da cidade. Uns días despois de sacar a licitación a construción do novo skate park do Cavadelo, agora inícianse os trámites para habilitar un pump track na Florida. A Xunta de Goberno Local aprobará na reunión do martes (o luns é festivo local) adxudicar á firma de Arteixo, Moves, Servicios de Ocio e Deporte, a redacción do proxecto técnico desta nova instalación deportiva por importe de 3.035 euros. Unha vez se conte co proxecto, coñecerase o importe da obra a realizar e buscaranse os fondos necesarios para acometer a actuación.
21.05.2022.- O pump track emprazarase no lugar que ocupa o vello circuíto BMX situado nas inmediacións do parque da Coca e que se atopa bastante deteriorado e obsoleto, razón pola cal os veciños da zona e afeccionados a este tipo de deportes, solicitaron a habilitación da nova instalación. A renovación da infraestrutura deportiva permitirá ampliar o seu uso, inicialmente para bicicletas, a outros vehículos de rodas non motorizados, como patíns, patinetes, monopatíns ous skates.

Un pump track é un circuíto pechado de asfalto, terra ou madeira que conta con curvas peraltadas, montículos ou badéns nos que os usuarios deben “bombear” cos seus vehículos para aproveitar o seu propio impulso e as inercias que se xeran coas pendentes para realizar diferentes saltos e acrobacias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -