_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A véspera de Santa Rita chega con obradoiro de baile tradicional, gala lírica da banda, druída e vodas celtas

A véspera do día grande de Santa Rita, o sábado 21 de maio, chega cun completo e intenso programa de actos lúdicos e festivos apto para todo tipo de públicos e gustos. A Feira Celta, con obradoiros, animación musical, vodas polo rito celta con druída incluído; a Gala Lírica da Banda de Música de Vilagarcía; o obradoiro infantil de baile tradicional e os pasacalles dos grupos de gaitas completan o programa no que tamén haberá espazo para o deporte co torneo de fútbol 8 alevín e benxamín. A única variación no programa, o concerto de La la Love You que, debido a problemas de saúde da cantante, trasládase para o 11 de agosto.
20.05.2022.- PROGRAMA PARA O SÁBADO 21 DE MAIO

09:00 [CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE A PELADA]
I Torneo Santa Rita Fútbol 8 Alevín – Benxamín.
Organiza: Atlético Faxilde.

DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
11:00 Apertura do mercado Celta, cos postos de artesanía, alimentación, obradoiros…
12:00 Apertura da zona de xogos infantís tradicionais [De 12:00 h. a 15:00 h.]
13:30 Música celta polas rúas do mercado: “Son de Lugh”.
14:00 e 15:00 O Druída Celta visita o mercado.

12:00 [PRAZA DA PEIXERÍA]
Obradoiro infantil de baile tradicional.
Colabora: Asociación Cultural Nós de Sobradelo.
Aforo por orden de chegada: 20 nenos/as (de 4 a 12 anos).
Duración: 1 hora.
Entrada libre de balde.

12:30 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Grupo de Gaitas Nós de Sobradelo.

20:00 [SALÓN DE ACTOS AUDITORIO]
Bela Música “Gala Lírica”
Banda de Música de Vilagarcía de Arousa.
Dirixe: Suso Nogueira.
Solistas convidados:
Soprano: Marina Penas. Tenor: Quintín Bueno.

A Banda de Música de Vilagarcía de Arousa, ofrécenos un concerto moi arriscado para unha formación tan nova. Un programa composto de fragmentos da Ópera Turandot, La Bohéme ou a aria “Casta Diva” da ópera Norma de Bellini e tamén fragmentos da zarzuela La Tabernera del Puerto ou o dúo de Soleá e Rafael de El Gato Montés. Para este concerto a Banda conta con dúas grandes voces emerxentes e de futuro prometedor, a soprano Marina Penas e o tenor Quintín Bueno.

Entrada de balde ata completar aforo.

20:00 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Pandeireteiras Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa.

DE 18:00 A 23:30 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
18:00 Apertura do mercado e da zona de xogos infantís tradicionais [De 18:00 h. a 22:00 h.]

18:30 Música celta polas rúas do mercado: “Son de Lugh”.
19:00 O Druída Celta visita o mercado.
19:30 Música celta polas rúas do mercado: “Son de Lugh”.
20:00 O Druída Celta visita o mercado.
21:30 Música celta polas rúas do mercado: “Son de Lugh”.
22:00 Cerimonia de Vodas Celtas. O Druída acompañado de música en vivo realizará o rito das vodas a tódalas parellas anotadas para o evento. Previa inscrición: xemacomunicacion@mundo-r.com
23:30 Peche do mercado

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -