_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O concerto de La La Love You trasládase ao mes de agosto debido a problemas de saúde da cantante e baixista

O grupo La La Love You comunicou a última hora de onte á Concellería de Cultura a cancelación do concerto previsto para a noite de mañá sábado en Vilagarcía, debido a problemas de saúde da cantante e baixista do grupo. Lamentando a situación e desexándolle unha pronta recuperación, o departamento que dirixe Sonia Outón traballou contra reloxo para intentar manter a oferta da programación das festas de Santa Rita na velada da véspera do día grande, pero foi imposible contratar outra actuación con 24 horas de marxe e, a maiores, tendo en conta que hai previsión de tormenta eléctrica para a noite do sábado. Maila este inconveniente, o dato positivo é que os vilagarciáns non quedarán sen ver a La La Love You, cos que se acordou trasladar ao mes de agosto o seu concerto na Xunqueira.
20.05.2022.- O grupo madrileño contactou onte coa Concellería para comunicar a suspensión dos concertos que tiñan previsto esta fin de semana -hoxe en Sevilla e mañá en Vilagarcía-, debido a un problema de saúde de Celia, a cantante e baixista, que precisa manter repouso absoluto. Pedindo desculpas pola situación que os tiña “profundamente apenados”, prestaron a máxima colaboración para buscar outra data na que poder actuar en Vilagarcía. Será o 11 de agosto, no marco das festas de San Roque, cando os fans de Vilagarcía e do resto dos municipios da contorna poidan gozar do directo da banda revelación de 2021 nun concerto gratuíto no Parque da Xunqueira.

Este é o comunicado que remitido polo grupo:

“Lamentamos comunicar que por motivos de salud nos vemos obligados a cancelar los conciertos de este fin de semana en el Interestelar de Sevilla y en las fiestas de Santa Rita en Vilagarcía de Arousa.
Es la primera vez que nos encontramos en esta situación y nos apena mucho tener que dar esta noticia. Hemos hecho todo lo posible por seguir adelante con los conciertos pero no ha sido posible.
Muchas gracias a todos.
Sentimos muchísimo las molestias.
Nos vemos en los próximos conciertos”.

E mentres, as festas de Santa Rita proseguirán sen novidade –sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -