_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello adxudica o luns a construción da nova Biblioteca Municipal a Obras Gallaecia por 1.648.266 euros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilagarcía completará o luns o proceso de licitación dunha das obras más necesarias e esperadas na cidade: a construción da nova Biblioteca Municipal nos locais da Rúa Castelao adquiridos previamente ao Liceo-Casino. Será mediante a adxudicación á empresa Obras Gallaecia S.L. da obra por importe de 1.648.266 euros (IVE incluído), o que supón unha rebaixa de 119.776 euros respecto ao prezo inicial de licitación. Unha vez presenten a debida documentación e se asine o contrato, a adxudicataria disporá dun prazo de 12 meses para finalizar a obra.
14.05.2022. Un total de 14 empresas concorreron á licitación, 4 das cales foron excluídas do proceso por incumprimentos de requisitos ou baixas temerarias nos prezos ofertados. Das dez restantes, a de Gallaecia obtivo a maior puntuación ao ponderar a oferta económica coas melloras ofertadas e que se centran principalmente no mobiliario co que se dotará o equipamento cultural (mesas, cadeiras, andeis, mostrador e taquilla, así como na instalación dun sistema antifurto e o cartel exterior da Biblioteca).

A execución desta obra, unha das máis importantes do mandato, permitirá a Vilagarcía dispor dunha biblioteca propia do século XXI, digna dunha cidade que rolda os 40.000 habitantes. A remodelación permitirá adaptar os locais ás necesidades propias dunha biblioteca completamente moderna, cómoda e funcional, con todos os servizos que precisan e demandan os usuarios e cun moderno equipamento cultural que será eficiente enerxeticamente, na liña dos obxectivos da Axenda 20-30. Coa materialización deste proxecto resolverase a maior necesidade que tiña Vilagarcía en materia de infraestruturas culturais e aténdese una antiga demanda cidadá.

A reforma do local na Rúa Castelao para albergar a Biblioteca é un proxecto moi ambicioso, tanto no que ao orzamento se refire, como á obra a realizar. A actuación financiarase con fondos da Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa ReacPon (o 70% do orzamento) e do Concello (o 30% restante). No que á obra se refire, a construción requirirá a reforma integral da antiga sede do Liceo-Casino, dado o estado de deterioro no que se atopan os locais, que teñen filtracións de auga, presentan humidades na fachada e cuberta da terraza, ocos no falso teito, plaquetas cerámicas con fendas e rotas, ademais de carecer de boas condicións para a protección contra incendios, seguridade, accesibilidade, eficiencia enerxética, protección contra o ruído, humidade e calidade do aire interior.

Rehabilitación integral do continente e adaptación dos locais ao novo uso

O arranxo do continente propiamente dito, centrará a primeira parte dos traballos e incluirá o cambio da fachada actual por un sistema de fachada ventilada con maior illamento térmico e acústico. Tamén se substituirá a carpintería por unha con rotura de ponte térmico e vidros illantes, impermeabilizaranse as terrazas, instalaranse pavimentos de granito silvestre nos accesos e de caucho e resina nos aseos, almacéns e depósito pechado. O proxecto tamén contempla a demolición dos tabiques para unha distribución de espazos máis abertos e interrelacionados, aproveitando a luz natural.

Unha vez rematada a reforma estrutural, procederase á adaptación dos locais ao novo uso público e cultural que se lle vai dar. En canto á distribución, o acceso á biblioteca será pola antiga entrada ao Liceo Casino, haberá novas escaleiras e instalarase un ascensor adaptado. Está previsto que o antigo salón, de dobre altura, sexa sala de lectura. A parte inferior da galería dedicarase a depósito aberto, con estantes entre as dúas liñas de piares que a sosteñen. Terá hemeroteca e contará con oficinas de administración, dirección e unha zona de ordenadores con acceso a Internet. Finalmente, a zona central (antiga cafetería) dedicarase a depósito aberto. Haberá espazo de almacenamento, instalacións e aseos. A actuación completarase co mobiliario que inclúe estantes, mesas e bancos.

Antes de proxectar a obra que se vai a comezar e ante a imposibilidade física de poder ampliar as instalacións actuais da Biblioteca da rúa Rey Daviña, o executivo socialista tivo que atopar uns locais apropiados. Este obstáculo salvouse en 2019 coa compra da sede do Liceo-Casino por 450.000 euros.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2022  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Cidade Libro
Xuno
Plan de Mobilidade Urbana e Sostible (PMUS)
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2022. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -