_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O programa das Letras Galegas colle temperatura co festival folclórico e a homenaxe dos escolares a Florencio Delgado

A programación conmemorativa do Día das Letras Galegas elaborada pola Concellería de Cultura colle temperatura estes días como adianto aos grandes actos a celebrar o martes, 17 de maio. A modo de petisco, a música e o baile tradicionais galegos saltan a escena o domingo, e o luns, escolares de varios centros educativos do municipio protagonizarán un acto conxunto de homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se dedica este ano o Día das Letras.
14.05,2022,- A Praza da II República será o escenario elixido para acoller o XIV Festival Nós de Sobradelo, que se desenvolverá o domingo a partir das 19.00 horas. A agrupación folclórica vilagarcián representará o repertorio dos seus grupos oficiais e escolas de baile, canto, gaita e percusión. Como é habitual no festival de Nós, o espectáculo contará coa intervención dun convidado, neste caso o grupo de baile e música tradicional Sadeo de Ponteareas.
A entrada ao festival folclórico é libre e de balde. En caso de chuvia, a actividade trasladaríase ao interior do Auditorio.

Xa o luns, os actos das Letras Galegas trasladaranse á Praza de Galicia onde, entre as 11 e as 13.00 horas levarase a cabo un acto literario protagonizado por alumnos dos colexios O Piñeiriño, San Francisco, A Lomba e IES Castro Alobre. En caso de choiva, os actos tamén se trasladarían ao Auditorio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -