_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Verbena, Feira Celta e gala da Banda de Música súmanse ao programa das festas de Santa Rita máis esperadas

A edición de 2022 das Festas de Santa Rita será, sen dúbida algunha, unha das máis esperadas da súa historia xa que, despois de dous anos con programas reducidos e limitados polas restricións sanitarias da Covid, a deste ano regresa ao seu formato tradicional e totalmente presencial. “Coa ledicia que supón poder recuperar a tradición e volver a gozar das nosas festas tal e como nos gusta”, o alcalde, Alberto Varela e a concelleira de Cultura, Sonia Outón presentaron hoxe o programa definitivo: “unha axenda que nos remonta ao ano 2019 e que conta con todos os ingredientes que fan desta celebración unha romaría urbana moi especial”, en palabras do rexedor.
13.05.2022.- As Festas de Santa Rita celebaranse do venres 20 ao luns 23 de maio, xornada esta que será festiva en Vilagarcía por caer o día de Santa Rita en domingo.

Tal como xa se avanzara hai unhas semanas, as festas deixan de lado todo tipo de restrición e volven contar este ano cun gran concerto na Xunqueira, o do grupo La La Love You, coas pulpeiras en Vista Alegre, as atraccións na TIR, os postos ambulantes no Miguel Hernández e ata coa procesión que, dous anos despois, volverá encher as rúas da cidade de milleiros de devotos da avogada dos imposibles. A maiores, a edil apuntou as últimas incorporacións ao programa: a verbena de Los Satélites, a Feira Medieval na Xunqueira, os pasacalles e o Festivaliño para os máis cativos.

Outón tamén salientou a gala lírica que ofrecerá a Banda de Música de Vilagarcía, un espectáculo “co que están moi ilusionados, xa que é a súa primeira incursión no mundo da ópera e tiñan moitas gañas de probar”. Para a ocasión contarán coa participación da soprano Marina Penas e do tenor Quintín Bueno.

En Santa Rita “non hai fronteiras”

Outro dos eventos especiais será o VI Encontro Folclórico Santa Rita, que contará coa participación da asociación cultural Nós de Sobradelo, do grupo de música e baile tradicional Tahume e da Compañía Fran Sieira, profesor da asociación Nós e coreógrafo das Tanxugueiras en “Terra”. O tema, que xa é todo un himno en Galicia, soará ao remate do evento bailado e cantado por todos os grupos e por todo o público que o desexe.

O deporte tamén terá o seu espazo na programación festiva co I Torneo de Rugby Santa Rita e o I Torneo Santa Rita Fútbol 8; igual que a diversión para os cativos, que contarán con obradoiros, animación e cine pensados especialmente para eles.

Un cartel “moi significativo”

Antes de nada, o alcalde quixo salientar a imaxe elixida para o cartel deste ano, no que aparecen tres imaxes de Santa Rita, dúas medio difuminadas e a terceira, nun primeiro plano, perfectamente remarcada. “Felicito a todos os que interviron nan organización destas festas, especialmente á Área de Comunicación do Concello por lograr plasmar tan ben o que representa a edición deste ano, onde tras dúas “santa rita” a medio celebrar os últimos anos debido á pandemia e que xa quedaron atrás, chega a deste ano no seu máximo esplendor”.

O rexedor destacou que o programa volva a contar con todos os alicientes que sempre tivo e invitou a vilagarciáns e veciños da contorna a sumarse ás festas “e a gozar delas como antes, con prudencia, pero aproveitando para pasalo ben, para reunirnos e compartir tempo con amisgos e a familia e para disfrutar de todas as actividades que temos preparadas”.

Varela presumiu dun programa repleto de actividades para todos os gustos e para todos os púbilcos, no que se combina da mellor forma posible tradición e modernidade”.

Máis días para ambulantes e atraccións

As gañas de festas “coma as de antes” van poder ir saciándose co ambiente que xa están creando as primeiras atraccións e postos de venta ambulantes instalados na TIR e no Parque Miguel Hernández. Soinia Outón comentou que “todos necesitabamos volver á normalidade, tanto para poder gozar das festas como para que sectores que estiveron moi castigados durante a pandemia poidan volver a traballar e ir recuperándose do paro forozoso de tanto tempo. Para colaborar na recuperación destes sectores, o Concello de Vilagarcía ampliou este ano o período de estancia na cidade das atraccións e dos postos ambulantes que, unha semana antes do incio das festas, xa comezaron a chegar.

Consulta o programa completo:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -