_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O parque de xogos do Miguel Hernández ábrese esta tarde tras rematar o saneamento do pavimento de caucho

A zona de xogos infantís do parque Miguel Hernández volve a abrirse ao público a partir desta tarde, despois de terse rematado os traballos de arranxo e saneamento do pavimento de caucho das dúas áreas. O Concello investiu 11.446 euros na actuación que se inclúe no Plan de conservación e mellora dos parques infantís do municipio que se executa a través da Concellería de Medio Ambiente.
13.05.2022.- As dúas áreas infantís do Miguel Hernández pecháronse hai tres semanas para poder levar a cabo a posta a punto do pavimento de caucho, que se tiña separado e levantado polas zonas das xuntas entre láminas, causando numerosos tropezóns e caídas dos cativos.

Unha vez rematada esta actuación, o departamento que dirixe Diego García ten xa programadas outras na zona infantil do Paseo Marítimo e na Alameda de Carril. No caso do parque situado fronte ao hotel de Carril, a mellora centrarase nos propios elementos de xogo, substituíndo os que se atopan en peor estado por elementos novos (un castelo, un balancín e tres estruturas de escalada) e arranxando os que só precisan dun pequeno repaso. O Concello xa aprobou a adquisición dos xogos, polo que os traballos realizaranse tan pronto como se reciba o pedido.

No parque da Alameda de Carril e cun orzamento de 17.545 euros repararanse e pintaranse todos os xogos existentes e tamén se cambiará o deteriorado pavimento de caucho por outro de herba artificial. Neste caso, será preciso desmontar os elementos, trasladalos ao taller, onde se arranxarán as partes deterioradas e se procederá ao pintado, para logo volver a instalalos na zona.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -