_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello concorre ás axudas do PIREP para reducir a achega municipal á obra do pavillón de Fontecarmoa

O Concello de Vilagarcía continúa traballando na captación de fondos doutras administracións co obxectivo de poder levar a cabo importantes obras e actuacións sen obrigar ás arcas municipais a afrontar a totalidade dos investimentos. Nesta liña enmárcase a decisión de concorrer ás axudas do PIPEP para colaborar no financiamento da reforma integral do pavillón número 1 de Fontecarmoa. O Concello solicita 1.008.198 euros con cargo a este Programa de Impulso a la Rehabilitación de los Edificios Públicos. De concederse esta subvención, os fondos que o executivo local xa ten reservados para financiar esta importante obra poderían dedicarse á execución doutras actuacións no municipio.
12.05.2022.- O PIREP é un programa que persigue a rehabilitación sostible do parque público institucional para todo tipo de edificios de titularidade pública e uso público, por un importe de 480 millóns de euros provenientes dos fondos europeos Next Generation EU, asignados ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

O proxecto da reforma integral do pavillón número 1 de Fontecarmoa ten un orzamento de 1,7 millóns de euros que se financiarán con fondos que aporta o Concello (a través dos seus propios orzamentos e do programa Vilagarcía Avanza, participado con fondos FEDER da UE) máis unha colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte. Trátase dunha obra de gran envergadura que inclúe tanto a reparación da estrutura, a substitución da cuberta, a mellora de envolventes e o acondicionamento interior do pavillón, como a instalación de sistemas de enerxía fotovoltaica, a renovación da instalación eléctrica e a climatización.

A finalidade dos créditos do PIREP é financiar aquelas actuacións que, no marco dunha rehabilitación integral, garantan o cumprimento dos requisitos establecidos polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). Así mesmo, e de conformidade coa coherencia das políticas deste Ministerio, as actuacións que sexan obxecto de financiamento deberán ter un carácter integrado, no sentido definido pola Axenda Urbana Española, e responder os criterios de sustentabilidade, inclusión e calidade estética previstos pola Nova Bauhaus Europea.

As novas instalacións fotovoltaica, eléctrica e de climatización previstas no proxecto permitirán que o renovado pavillón de Fontecarmoa cumpra os compromisos da Axenda 20-30 e suba catro niveis na escala de eficiencia enerxética, pasando a situarse na categoría “A”. Precisamente por iso, entendendo que se cumpre us dos requisitos fundamentais desta liña de crédito, o Concello de Vilagarcía decidiu concorrer á convocatoria solicitando a axuda valorada en algo máis de 1 millón de euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -