_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SEGURIDADE CIDADÁ
Protección Civil estrea un moderno camión para primeira intervención en accidentes e pequenos incendios urbanos

A agrupación local de Protección Civil presentou esta mañá a última incorporación ao seu parque móbil. Trátase dun moderno camión de primeira intervención dotado dunha bomba urbana lixeira. O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José María González, asistiron ao acto acompañados do xefe do Servizo Municipal de Emerxencias e presidente da agrupación de voluntarios, Francisco Guillán Busto. Os membros de ámbolos dous servizos tamén participaron na presentación lucindo o novo equipamento, traxes que aportan maior protección e visibilidade.
12.05.2022.- A compartimentación do novo camión, adquirido mediante o sistema de lising por 260.00 euros, foi deseñada polo persoal do servizo en base ás súas necesidades e ao seu propio sistema de traballo, o que o converte nun vehículo totalmente útil e funcional.

Ademais de contar con todos os medios e equipamentos dos que xa dispoñía o antigo vehículo, o novo incorpora as últimas tecnoloxías e outros sistemas complementarios de gran utilidade. Así, a bomba de 1.500 litros de capacidade compleméntase coa novidade de que tamén pode xeral ata 150 litros de escuma coa que facer neutralizacións en incendios ou usar para apagar lumes de hidrocarburos.

Leva incorporados dispositivos electrónicos de localización e monitorización remota dos parámetros e indicadores do vehículo, o que é moi importante en intervencións en incendios importantes cando, por exemplo, resulta esencial coñecer en todo momento o nivel de auga que queda para ir programando a chegada da seguinte bomba.

O xefe de Emerxencias explicou que se trata dun vehículo compacto, de dimensións bastante reducidas, adaptado para intervencións nas rúas da cidade ás que non poden acceder camións de grandes dimensións. A elección destas características fíxose para que permita intervir practicamente en todo o municipio e no 95% das incidencias que se rexistran a diario en Vilagarcía, principalmente accidentes de tráfico e incendios de pequenas dimensións. Busto engadiu que para grandes incendios disponse tamén de camións de maiores dimensións e con capacidades hídricas de 10.000 e 12.000 litros, e para intervencións e espazos moi angostos ou de difícil acceso, o servizo tamén conta con vehículos pequenos de medidas reducidas para actuar en primeira instancia.

Nova, e tamén rechamante, é a propia imaxe do camión, de cores flúor moi intensos para garantir unha perfecta visibilidade e previr accidentes cando están intervindo, por exemplo, en accidentes de tráfico en vías de alta capacidade en situacións de néboa ou na extinción de incendios onde o fume impide detectar os vehículos e pode provocar choques. Estes cores son tamén os que se aplicaron no novo equipamento do persoal de Emerxencias, que estrean traxes máis resistentes e que aportan maior protección ao traballador.

O parque móbil do Servizo de Emerxencias componse actualmente de 12 vehículos de diferentes formatos e dimensións dotados `para atender todo tipo de incidencias e emerxencias no municipio.

O alcalde mostrouse impresionado polo novo camión “que parece do futuro” e co que “mellora aínda máis o excelente Servizo Municipal de Emerxencias de Protección Civil que temos, dotado cos mellores medios e que conta co mellor persoal posible”. O rexedor referiuse á elevada valoración que lle dá a cidadanía, porque saben que sempre poden contar con vós cando o necesitan, sobre todo en situacións de emerxencias”.

Varela salientou a importancia de contar con equipos “que saben o que fan e que dispoñen de todos os medios necesarios” para resolver estas situacións de emerxencia, “por iso dende o Concello estamos totalmente comprometidos co servizo, para o cal nos últimos anos temos incrementado de forma importante a dotación do convenio con Protección Civil e mellorado o Servizo Municipal de Emerxencias”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -