_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
A ADEAC volve a premiar ás praias de Compostela e do Campanario coa concesión de bandeiras azuis

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) vén de confirmar a concesión das bandeiras azuis para as praias de Compostela e do Campanario. Coa renovación dos galardóns a organización independente que se encarga de avaliar e auditar os areais en España premia o traballo realizado nos últimos anos polo Concello de Vilagarcía para manter o máximo galardón de calidade das nosas praias e recoñece a calidade das augas e dos servizos cos que contan. Ademais de reiterar a súa satisfacción por telo logrado un ano máis, o executivo local lembra que están previstas novas actuacións para continuar mellorando os areais nas vindeiras campañas.
11.05.2022.- A renovación das bandeiras azuis representa para Vilagarcía unha excelente carta de presentación de cara a atracción de visitantes e para a súa promoción turística, a maiores do orgullo que para os vilagarciáns supón contar con estes recoñecementos de calidade nos seus areais. A intención do executivo local é continuar mellorando os servizos e as instalacións para incrementar tamén o efecto de atracción de visitantes.

Erradicar o cadillo e renovar as pasarelas

Neste punto, o goberno lembra que tras as xestións realizadas ante Costas do Estado, cóntase co compromiso do departamento para elaborar e executar un plan de rexeneración dos areais da Concha-Compostela. A principal medida deste plan é a erradicación do cadillo, a planta que arraigou no areal dende hai uns anos e cuxas sementes en forma de espiñas estreladas causan as conseguintes molestias a bañistas e viandantes. Os varios intentos levados a cabo polo Concello, co asesoramento de técnicos da estación fitopatolóxica do Areeiro, para eliminar a planta non tiveron efecto, polo que se decidiu recorrer ao organismo estatal. O alcalde ten solicitada unha entrevista co novo xefe territorial de Costas para abordar este asunto, coa idea de que poida acometerse canto antes.

Outra das medidas futuras previstas para mellorar a dotación de servizos da Concha-Compostela é a renovación das pasarelas de madeira, actuación que debe contar previamente co preceptivo permiso de Costas.

A isto súmase a rexeneración do Paseo Marítimo, actuación levada a cabo polo organismo estatal e cuxa segunda fase está a piques de rematar, completando así a obra levada a cabo antes da pandemia nos extremos do paseo.

Do mesmo xeito, continuarán levándose a cabo actuacións de mantemento e mellora na praia do Preguntorio (Vilaxoán) e na súa contorna, a efectos de tratar de recuperar a bandeira azul que hai uns anos lucía o areal. Aínda que xa o ano pasado se fixeron obras no saneamento e recollida de pluviais na zona para tratar de elevar o nivel de calidade das súas augas -que foi a causa da baixada da bandeira- a normativa da ADEAC establece que deben reiterase os nivel óptimos de calidade varios anos seguidos antes de poder recuperala. Nese interin se atopa o areal vilaxoanés, na espera de poder volver a ver ondear de novo o galardón que xa locen O Campanario e A Compostela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -