_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade organiza o programa “Enredadas” para previr a soidade e favorecer as relacións sociais de mulleres maduras

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía pon en marcha este mes unha nova iniciativa destinada a promover a madurez activa e saudable de mulleres de máis de 55 anos. Trátase do programa “Enredadas”, que busca previr a soidade creando un espazo que favoreza as relacións sociais e no que se traballen aspectos como o empoderamento ou a autoestima. A actividade porase en marcha de forma experimental en Cornazo, coa realización de sete sesións nas que participarán as mulleres rurais da asociación Os Borrizos.
11.05.2022.- “Enredadas” diríxese preferentemente a mulleres das contornas rurais xa que estas zonas, debido ás súas características, con vivendas unifamiliares, ás veces algo distantes as unhas das outras, e afastadas dos centros urbanos, son máis dadas a xerar situacións de illamento e soidade das persoas que poden vivir soas ou pasan moito tempo ao día sen contacto con outras. Para iso, o programa ten como finalidade mellorar as condicións de vida das mulleres maduras perante a potenciación das relacións e da participación social, reducindo así o impacto que pode provocar a soidade.

A través desta intervención proporcionarase un espazo de aprendizaxe, coidado, apoio e empoderamento que permita ás participantes afrontar os conflitos emocionais con asertividade, tomar decisións con seguridade e unha maior automomía persoal, o que lles permitirá gozar dun xeito máis saudable das súas vidas.

O “Enredadas” desenvolverase ao longo sesións grupais para que as mulleres participen en conxunto en actividades que as afasten da soidade e favorezan o establecemento de redes de apoio entre elas. Todas as actuacións terán un transfondo lúdico, traballando con xogos e dinámicas e utilizando a risoterapia e os exercicios de relaxación. Nesta experiencia piloto realizaranse sete sesións de hora e media de duración cada unha, cun formato presencial e cunha metodoloxía activa, participativa, integradora e flexible.

O departamento que dirixe Tania García contratou a impartición deste programa a profesionais da firma Talenta-Soluciones para Empresas y Personas por importe de 1.206 euros. O contrato aprobouse na Xunta de Goberno Local desta semana.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -