_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O renovado edificio da Casa do Mar acollerá servizos dos organismos estatais do ISM, o INSS e a inspección médica do Sergas

A directora xeral do Instituto Social da Mariña, Elena Martínez Carqués, desprazouse hoxe a Vilagarcía para visitar xunto co alcalde, Alberto Varela, e a subdelegada do Goberno, Maika Larriba, o renovado edificio da Casa do Mar. O Goberno do Estado investiu nesta infraestrutura preto de 6 millóns de euros co obxectivo de rehabilitalo externa e internamente e adaptalo ás esixencias tecnolóxicas e funcionais que se precisan para unha prestación eficiente e de calidade dos servizos administrativos. O inmoble acollerá as sedes das delegacións de varios organismos estatais (ISM, INSS e Tesourería da Seguridade Social), así como a Inspección Medida do Servizo Galego de Saúde, converténdose nun importante centro administrativo para veciños de Vilagarcía e dos municipios da contorna.
10.05.2022.- Tras percorrer o interior do edificio xunto cos técnicos, que foron explicando onde se emprazaría cada servizo, a directora xeral do ISM explicou que “ha quedado un espacio espectacular con una gran inversión del Estado, lo que va a suponer una importante mejora para la calidad de los servicios y también para la ciudad de Vilagarcía”.

Neste punto, o rexedor municipal comentou que a Casa do Mar “é para nós un edificio moi simbólico, que representa parte da historia, non só dos asociados ao sector do mar, senón de todos os vilagarciáns”. Varela agradeceu o investimento realizado polo executivo Central, “que demostra unha vez máis o firme compromiso que ten adquirido con Vilagarcía”, e salientou que esta obra reforza o posicionamento da cidade como capital administrativa da zona do Salnés e Arousa, ao permitir reunir nun moderno edificio servizos que dúas administracións prestan nas súas respectivas demarcacións supramunicipais. “Aquí se vai concentrar gran parte da atención e administración de servizos sociais”.

Así mesmo, Varela Paz lembrou que a remodelación da Casa do Mar iniciou o “gran proceso de transformación estética e de actividade que vai sufrir a zona da Avenida da Mariña e o Ramal, e que continuará coa construción do novo Centro de Saúde no solar da antiga Comandancia e coa rexeneración e recuperación do peirao do Ramal como zona de recreo e de uso público.

Elena Martínez explicou que no edificio Casa do Mar traballarán unhas 85 persoas das dúas administracións e que a previsión do ISM é que os servizos comecen a operar nas novas instalacións no prazo dun mes, cando remate a instalación informática e se complete a dotación do mobiliario. “Queremos que los funcionarios estén ya aquí instalados y prestando servicio antes de que comience el verano” e anunciou que “volveremos entonces para inaugurar de forma oficial el edificio y que pueda acompañarnos también el delegado del Gobierno que hoy tuvo que ausentarse por una indisposición”.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -