_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Igualdade reactiva o Banco de Tempo como ferramenta inclusiva e de conciliación

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía aproveitará os fondos europeos asignados ao programa “Vilagarcía Avanza” para reactivar o Banco Municipal de Tempo como ferramenta para favorecer a inclusión e a conciliación. A xestión desta rede social de servizos prestarase de forma indirecta, para o cal a Xunta de Goberno Local acordou encomendar á tarefa á asociación O Soño de Lilith, unha entidade asentada na cidade que conta cun amplo coñecemento do tecido socio comunitario do municipio. O contrato asinado por importe de 9.075 euros inclúe a prestación do servizo 10 horas á semana durante un período inicial de un ano.
07.05.2022.- O Banco de Tempo é un mecanismo eficaz para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral a través do intercambio de servizos non profesionais, habilidades e coñecementos, que teñen coma único valor o tempo. Trátase dunha iniciativa para mellorar a calidade de vida da cidadanía, fortalecendo as redes veciñais e de solidariedade, e que se basea na posta en contacto de persoas que ofrecen e demandan actividades de forma puntual e de curta duración (ir a recoller a un neno ao colexio, podar un sebe, acompañar a unha persoa maior, facer un pastel de aniversario, traducir un texto, axudar a limpar os vidros, levar o coche a pasar a ITV…). No banco de tempo non hai contraprestación económica, polo que o tempo que unha persoa lle presta a outra para realizar determinada tarefa, págaselle coa realización doutro servizo que o primeiro precise nese, ou noutro momento, xa que, coma nun banco, a prestación queda marcada no apartado de debe e haber de cada un dos participantes. No Banco de Tempo tamén existe a posibilidade de prestar ferramentas ou utensilios.

As interaccións sociais que se xeran co Banco de Tempo contribúen a favorecer a conciliación e a crear redes colaborativas e de solidariedade entre a veciñanza como as que existían hai décadas, onde os veciños se axudaban de xeito desinteresado en determinadas labores da vida cotiá. Por estas razóns e por ser unha medida de interese público e social, a reactivación do Banco de Tempo finánciase a través da liña de actuación “Desenvolvemento de plans de intervención para a inclusión” das EDUSI.

O Banco Municipal de Tempo de Vilagarcía creouse no ano 2010 e funcionou con éxito durante varios anos a través dun colectivo de mulleres que o xestionaban de forma altruísta cos medios facilitados polo Concello. O servizo foi decaendo cando a asociación que o levaba deixou de contar cos persoas dispoñibles. Agora a iniciativa retómase a través dun contrato para a posta en marcha, xestión e dinamización do servizo.

Campaña de captación de usuarios e actualización de bases de datos
O Banco de Tempo comezará a funcionar xa ao longo deste mes de maio. Para a súa reactivación, as compoñentes de O Soño de Lilith deberán realizar un traballo previo consistente na actualización do regulamento de uso e das bases de datos creadas no seu día, onde figuraban as persoas inscritas e os servizos que demandaban u ofrecían. Logo realizarán labores de promoción e difusión do Banco de Tempo, a efectos de que se anoten máis usuarios e, a partir de aí comezarán a xestionar os intercambios.

Para atender ao público e realizar as labores de xestión que conleva o funcionamento do Banco de Tempo, O Soño de Lilith operará tanto de xeito presencial como online. A atención directa realizarase nas dependencias da Área de Igualdade os martes de 17 a 19.30 horas e os xoves de 11 a 13.30. As 5 horas semanais restantes corresponderán á atención dixital.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -