_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello aforra 76.890 euros na adxudicación das obras de humanización da Rúa Arcebispo Lago

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilagarcía aprobará o luns a proposta de adxudicación á empresa Prace Servicios y Obras dos traballos de Humanización da Rúa Arcebispo Lago. O contrato adxudicarase por importe de 559.554 euros, o que supón unha rebaixa de 76.880 euros respecto ao prezo inicial de licitación. A oferta desta firma foi a máis valorada entre as 22 propostas que concorreron ao concurso e inclúe como mellora a substitución da rede de abastecemento de auga. Unha vez presentada a documentación pertinente e asinado o contrato, a empresa disporá dun prazo de 6 meses para executar a obra que cambiará a imaxe do centro da cidade.
07.05.2022.- A humanización da rúa Arcebispo Lago é un dos proxectos máis importantes a desenvolver na actual lexislatura. Enmárcase no modelo de cidade no que traballa dende hai anos o executivo de Alberto Varela potenciando a creación de zonas peonís que contribúan a reducir a presenza de tráfico rodado nos centros urbanos e a rebaixar as emisións de CO2, tal como establecen as directrices da UE. Por encaixar con estes obxectivos, os traballos execútanse con cargo ao programa “Vilagarcía Avanza” e ao Plan Ágora da Deputación, ámbolos dous financiados con fondos europeos, e tamén cunha parte procedente do Plan Concellos.

Os traballos a realizar cambiarán a fisionomía dunha das principais arterias do centro urbano, a que une a Praza de Galicia coa Rúa Alexandre Bóveda, na zona da Praza de Abastos. A intervención afectará a 2.400 metros cadrados de superficie e permitirá gañar para o uso peonil e o esparexemento dos cidadáns 1.784 metros.

O proxecto redactado polo arquitecto Mariano Vázquez, autor tamén da reforma da Praza de Galicia, prevé a construción de varias zonas diferenciadas, cun circuíto de auga que recreará as antigas marismas e o regato que discorre soterrado pola zona e desemboca no Con. As láminas de auga incluirán vexetación propia dos humidais como papiros, narcisos, cola de cabalo, herba de namorar, lirios, xuncos, carrizos e aldicas.

As bancadas para o descanso da xente serán estruturas xeométricas de formigón e, para aportar maior frescura e naturalidade á zona, o espazo ornamentarase con árbores (chorón e arce xaponés) e xardineiras con arbustos e plantas decorativas como bambú, lavanda, gardenias, carsuláceas, suculentas ou grosellos vermellos.

Tanto as bancadas como os pavimentos executaranse en formigón de diferentes características segundo sexa o seu uso: para o tránsito de vehículos ou de peóns. Nestes últimos, o material tratarase con varios acabados para proporcionar estéticas diferenciadas e romper a uniformidade mediante o uso de diversas cores e texturas.

O proxecto complétase cos elementos de iluminación, todos de tecnoloxía led, que se incorporarán no modo de balizas, proxectores ou mediante puntos de luz no chan para destacar os elementos construtivos.

A humanización permitirá o acceso dos vehículos aos garaxes situados na rúa, así como dos que teñan que realizar tarefas de carga e descarga para os locais comerciais e de hostalería e dos autobuses turísticos que acoden ao hotel Castelao. Do mesmo xeito, a configuración dos elementos permitirá o acceso de vehículos de emerxencia.

“Vilagarcía, modelo de recuperación de espazos públicos para as persoas”

Esta mesma semana, o deputado provincial de Mobilidade e Espazos Públicos, Uxío Benítez, e o de Cooperación, Santos Héctor, visitaron Vilagarcía para coñecer “in situ” as intervencións levadas a cabo polo Concello en materia de recuperación de espazos públicos para os peóns. Tras percorrer as prazas da Independencia e de Galicia acompañados pola concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María, e do edil de Obras, Lino Mouriño, desprazáronse á Rúa Arcebispo Lago, xa que este proxecto de humanización foi elixido para ser financiado polo Plan Ágora da Deputación. Tras coñecer as características da obra que se vai a iniciar en cuestión de semanas e comprobar as xa realizadas, o deputado de Mobilidade asegurou que “Vilagarcía é todo un referente no modelo Ágora e un exemplo a seguir por outros municipios no que se refire á recuperación de espazos públicos para as persoas”. Benítez engadiu que as cidades deben devolver aos peóns os espazos que foron ocupando os vehículos, e deben configurarse como elemento de convivencia e benestar.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -