_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
O Concello facilita que os afectados polas listas de espera da sanidade atendan ao público no Auditorio

A Plataforma de afectados polas listas de espera da sanidade pública atenderá ao público na sala de Conferencias do Auditorio os venres en horario de 12 a 13.30 horas. A medida adoptouse na xuntanza que mantiveron onte no Concello a concelleira de Sanidade, Matilde Laya, e a tenente de alcalde, Tania García cos representantes do colectivo creado hai algo máis de dous anos co obxectivo de sumar apoios para demandar á Xunta de Galicia unha máis pronta atención nos servizos sanitarios.
05.05.2022.- Atendendo á petición da Plataforma, o Concello de Vilagarcía puxo a súa disposición as dependencias municipais dispoñibles para que desenvolvan a labor informativa e de asesoramento de todas as persoas afectadas polos atrasos que están acumulando as citas para ser atendidos tanto na Atención Primaria, como por parte dos especialistas, e mesmo para ser operados. De feito, segundo lles comentaron os representantes da Plataforma, a mala situación que xa se rexistraba antes da pandemia, veuse agravada aínda máis agora, con demoras que suman ata 15 días para poder ter cita co médico de Familia, e de moitos meses para as consultas cos especialistas.

Dende o punto de atención que se habilitará os venres no Auditorio, a Plataforma informará a todas aquelas persoas que se atopen en situacións de espera na Sanidade e asesoraranos sobre o sistema de reclamacións. Atenderán tanto a veciños de Vilagarcía como dos demais municipios da contorna.

A de onte foi a segunda xuntanza que a Plataforma mantivo cos representantes municipais do Concello de Vilagarcía. O colectivo xa vira a presentarse ao alcalde pouco tempo despois da súa creación, xusto antes do inicio da pandemia. Tras o impas que supuxo a crise sanitaria, agora regresan á actividade con máis razóns aínda para sumar forzas entre todos os afectados e esixir solucións á administración galega.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -