_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O “espaVila!” edición do Mar zarpa cunha charla coloquio sobre políticas públicas e os recursos mariños

O “espaVila!” edición do Mar inicia mañá a súa singradura na Praza da Peixería cun programa cheo de atractivos e interesantes actividades destinadas a profesionais e público en xeral de todas as idades. Unha mesa coloquio sobre “políticas públicas. Conservación e aproveitamento dos recursos mariños” e un relatorio sobre o topónimo do Salnés e a súa orixe na produción do sal, serán os primeiros actos a celebrar tras a inauguración, prevista ás 10.00 horas e que correrá a cargo do alcalde, Alberto Varela e da Concelleira de Promoción Económica, Alba Briones. Xa a mediodía serán os chefs Javier Olleros, Rafa Centeno e Marcos Cerqueiro os que collan a tixola polo mango no showcooking no que elaborarán pratos con produtos do mar.
05.05.2022.- O recinto da Peixería, que estará decorado con elementos, aparellos e outros motivos marítimos, tamén albergará unha zona expositiva con stands nos que empresas de diferentes actividades relacionadas co mar (turismo náutico, alimentación, efectos navais, emprego…) exporán e promocionarán os seus produtos.

Alí mesmo desenvolveranse obradoiros e actividades para os máis cativos, animación que pola tarde se amplía cunha zona de ocio na explanada da Comandancia.

A entrada e participación é libre e de balde en todas as actividades.

AXENDA DO VENRES 6 DE MAIO
MAÑÁ
[Interior da praza da Peixería][10.00-11:45]
10:00 h.Presentación a cargo do Alcalde, Alberto Varela, e da concelleira de Promoción Económica, Alba Briones.
10:15 h.Relatorio: “O sal, orixe do Salnés”.
Intervén: Vicente Caramés Moreira. RESPONSABLE DE CONSERVACIÓN DO MUSEO DO MAR DE GALICIA.
10:45 h. Mesa coloquio: “Políticas públicas. Conservación e aproveitamento de recursos mariños”.
Interveñen:
- Rosa Carballo Martínez. Xerente do GALP- Grupo de Acción Local Pesqueira da Ría de Arousa.
- Ángeles Longa Portabales. Titular do laboratorio do Consello Regulador do Mexillón de Galicia.
- José Antonio Fernández Bouzas. Director-Conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
- Carlos Gabín Sánchez. Director do CIMA - Centro de Investigacións Mariñas
Modera:
- José Carlos Mariño Balsa. Asesor técnico da confraría de pescadores de Cambados.
-
[Exterior da praza da Peixería] [11.45-14:00]
11:45 h. Presentación e sinatura do Libro “Culler de Pau”, de Javier Olleros.
12:00 h. Showcooking*.
- Javier Olleros. Prato: Esencia de polbo.
- Rafa Centeno. Prato: Robaliza en caldo afumado e chícharo.
- Marcos Cerqueiro. Prato: Navalla e loureiro.
*Con maridaxe de espumoso de viño albariño “Infindo”.

TARDE
[Exterior da praza da Peixería] [17:00-20:00]
- 17 a 20 h.Obradoiros para infancia e mocidade a cargo de Amarcarril, asociación de Mariscadoras de Carril.
- 17: 30 a 19:30h. Obradoiro “A busca do tesouro”. Destinado a nenos maiores de 7 anos.
- 17:30 a 19:30. Obradoiro “Marisqueo sustentable”. Destinado a nenos menores de 7 anos.

[Explanada da Comandancia] [17:00-20:00]
- 17 a 20h. Inchables, obradoiros e actividades de dinamización para infancia e mocidade a cargo de GADISA.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -