_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A redacción do proxecto de ampliación da piscina recae no estudo de arquitectura madrileño Jesús San Vicente

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar a redacción do proxecto de ampliación da piscina municipal a Arquitectura Jesús San Vicente, un estudo de Madrid con ampla experiencia no deseño de construcións públicas e privadas. O contrato, que inclúe tamén a dirección de obra, adxudicouse por 72.600 euros, o que supón unha rebaixa de 26.825 euros respecto ao prezo de licitación. A adxudicataria incluíu na súa oferta importantes melloras que teñen como obxectivo a construción dun edificio cos máis altos estándares de eficiencia enerxética. O adxudicatario dispón do prazo de 3 meses e medio para entregar o proxecto básico e de execución e outros 7 para a dirección de obra.
02.05.2022.- O goberno local fixou uns criterios previos aos que se deberá axustar o proxecto a redactar. A solución a adoptar baséase na construción dun novo vaso de 25x12,5 metros como ampliación da piscina municipal, nun volume independente, pero que irá conectado funcionalmente ás instalacións actuais mediante un paso ou corredor cuberto. Así, a ampliación desenvolverase nun edificio novo dunha única planta e deberá prever a construción dun nivel inferior para albergar as instalacións de depuración, climatización, vaso de compensación e outros equipamentos necesarios para o funcionamento da piscina. Así mesmo, o edificio pode contar cunha entreplanta técnica para aloxar en superficie os sistemas de ventilación. Igualmente, deberá idear un acceso diferenciado para público e deportistas no caso de competicións, construír unha grada para o público e tamén afrontar a reforma ou substitución da actual galería de vidro para rematar cos actuais problemas de estanquidade.

Outro aspecto a ter en conta é que os custes de construción non deben superar o 1,6 millóns de euros, orzamento que se veu incrementado nun 20% para contrarrestar o encarecemento dos prezos dos materiais rexistrados no último ano e que foi a causa de que a licitación quedara deserta anteriormente.

Infraestrutura coa máxima eficiencia enerxética, seguindo os criterios das EDUSI

A execución da construción da nova piscina fináncianse cos fondos FEDER do programa “Vilagarcía Avanza”. No marco das estratexias DUSI desta subvención europea existe unha liña dedicada á financiar actuacións de eficiencia enerxética que favorezan as economías baixas en emisións de CO2. Por iso, a maiores dos criterios fixados de antemán polo executivo socialista nos pregos, as melloras ofertadas pola adxudicataria para a redacción do proxecto resultan de grande interese, posto que van neste sentido.

A primeira é a utilización do sistema BIM (Building Information Modeling), unha metodoloxía de traballo colaborativo na que todos os profesionais que participan no proxecto comparten un sistema único de información sobre o que poden traballar en tempo real con acceso aos datos comúns e xestionar de forma máis eficiente os recursos. Este método permite un correcto enfoque sobre importantes cuestión como vínculos urbanísticos, custes de construción, de mantemento e eficiencia enerxética.

Outras das melloras son a total adaptación do deseño da construción á obtención da cualificación enerxética de nivel A, o máis elevado, tanto no que se refire ao sistema eléctrico e de iluminación, como ao de ventilación, aire acondicionado, auga quente e demais, así como ao máximo aforro e aproveitamento da auga. Con estas melloras, a adxudicataria propón tamén a obtención do certificado BREEAM, método de avaliación e certificación da sustentabilidade en edificacións que, medindo impactos nas categorías de xestión, saúde e benestar, enerxía, transporte, auga, materiais, residuos, uso ecolóxico do solo, contaminación e innovación, outorga unha puntuación final que sirve de referencia para unha construción máis sostible, tanto na fase de deseño como nas fases de execución e mantemento.

Unha necesidade obxectiva e unha demanda dos usuarios

A ampliación da piscina é un dos principais proxectos do equipo de Alberto Varela, en resposta a unha vella demanda dos cidadáns en xeral e dos usuarios da piscina en particular. Segundo os datos da concesionaria Serviocio, a actual piscina –construída hai xa máis de 25 anos- recibe cada mes arredor de 3.500 usuarios. Conta con 1.900 abonados, aos que hai que sumar os socios da Fundación de Deportes (uns 1.200, que teñen dereito ao uso da piscina gratis unha vez ao mes), as persoas que acoden aos cursos que organiza a empresa e os membros do club de natación e salvamento que adestran nas instalacións. Estas cifras evidencian que as actuais instalacións resultan insuficientes para acoller de forma cómoda a intensa actividade que rexistran, seguir medrando en número de usuarios e mesmo acoller competicións.

Para satisfacer esta necesidade, o Concello xa investira previamente 114.000 euros na adquisición do solar situado a carón das actuais instalacións para poder acometer a ansiada ampliación da piscina municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -