_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O obradoiro infantil “As nosas mascotas tamén Son da Casa” desenvólvese o sábado na Praza de Galicia

A campaña promovida pola Concellería de Benestar Animal do Concello para concienciar á poboación sobre a necesidade de recoller os excrementos das mascotas continúa mañá, sábado, 30 de abril, na Praza de Galicia coa celebración do obradoiro infantil “As nosas mascotas tamén Son da Casa”. Seguindo o modelo da mostra que se exhibe alí mesmo, partir das 12 do mediodía os nenos e nenas que desexen participar poderán pintar as súas mascotas no seu lugar favorito de Vilagarcía protagonizando a escena que eles queiran, debuxos que se exporán na mesma praza como reforzo á iniciativa municipal que está a contar cunha excelente acollida por parte da veciñanza.
29.04.2022.- A campaña “Por un espazo compartido e limpo” pretende acabar coa problemática que supoñen as feces de animais polas rúas, parques e espazos públicos da cidade e que propician numerosas queixas veciñais. Para elo, con información e exemplos moi gráficos, trátase de sensibilizar ás persoas que ter mascotas conleva responsabilidades e obrigas que deben cumprirse, tanto polo ben dos animais, como pola propia convivencia destes coas persoas, en especial no que respecta ao compartimento dos espazos públicos.

Sobre este tema falarán mañá os membros da Asociación Protectora de Animais cos nenos e nenas que participen no obradoiro, dándolles información sobre o problema de hixiene e insalubridade que supón non recoller as cacas dos cans, poñéndolles exemplos moi gráficos sobre o desagradable que resulta pisalas ou mesmo tocalas sen querer cando xogan no solo ou na herba dos parques.

A carpa informativa da Praza de Galicia funcionará dende as 10 ata as 14 horas. Alí, a xente poderá recibir información dos membros da Protectora e tamén recoller os adhesivos coa imaxe da campaña, os trípticos informativos e o kit hixiénico que tanto éxito está a ter. Trátase dun colgante no que se suxeitan un pequeno recipiente en forma de óso para levar bolsiñas nas que recoller as deposicións, e unha botella plástica na que meter auga con algo de xabón ou vinagre para limpar o pis. O kit é a ferramenta para poñer en práctica os lemas “Á caca, bolsaca” e “Ao pis, flisflís” que titulan o tríptico informativo da campaña.

Unha necesidade demandada e aplaudida pola veciñanza

O Concello de Vilagarcía puxo en marcha o pasado luns esta campaña ante unha problemática e a evidencia palpable no día a día das rúas da nosa cidade e tamén en atención aos numerosos veciños que demandaban a adopción de medidas. Á labor informativa e de sensibilización desta campaña promovida pola Concellería de Benestar Animal e ideada por Cristina Durán, complementarase cunha intensificación da vixilancia por parte da Policía Local, con axentes de paisano que denunciarán os incumprimentos da Lai de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia, que prevé a imposición de multas de entre 100 e 500 euros a quen non recolla os excrementos das súas mascotas.

Dende a posta en marcha da iniciativa son numerosas as felicitación que estanse a recibir tanto no Concello como na propia carpa que se vai desprazando por distintos puntos do municipio. A veciñanza acolleu a campaña con moito interese como o demostra o elevado número de persoas que acoden ao punto informativo a solicitar os kits hixiénicos e a pedir os adhesivos da campaña para pegar en portais e portas de garaxes e comercios co obxectivo de lembrar aos viandantes sobre a obriga de recoller as cacas das súas mascotas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -