EDUCACIÓN
A Escola de Música remata a xira de "Un mundo marabilloso" A xira do concerto didáctico protagonizado pola Escola Municipal de Música de Vilagarcía chegou ó seu fin. Primeiro foi o alumnado dos colexios Arealonga, A Lomba, Anexo-Lomba, Escardia, Piñeiriño, Vilaxoán, San Francisco e Sagrada Familia os que presenciaron no Auditorio Municipal o concerto “Un mundo marabilloso”, presentado por unha persoa moi especial, o mago Roque, que vive na Escola de Música. Con el, os escolares cantaron, construíron instrumentos con material reciclado e compuxeron unha gran orquestra. amén tiveron tempo para o xogo, no que se concienciaron sobre a necesidade de respectar e coidar o medio ambiente.
29.04.2022.-O último concerto desenvolveuse no Colexio de Educación Especial, onde a rapazada participou activamente, descubrindo as emocións que se esconden nas fermosas melodías da bandas sonoras do cine de animación infantil, como Frozen ou Brave. Ao remate do concerto, acabaron levando eles a batuta e conquistando os corazóns de todos, músicos e profesores.
Cincocentos escolares de 1º e 2 curso de Primaria asistiron á actividade deseñada e interpretada polo equipo docente do centro Bernardo del Río co fin de fomentar o achegamento dos nenos e nenas á música e ao ensino musical.