_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Catro entidades sociais compostan nos seus centros coa colaboración do Concello

Entre as diferentes iniciativas que leva a cabo o Concello de Vilagarcía para promover a compostaxe , o pasado mes de decembro púxose en marcha un programa específico para entidades sociais que xa conta coa participación de catro colectivos. Con Eles, BATA, Mecos e o Centro de Educación Especial sumáronse á iniciativa para compostar nas súas propias instalacións aproveitando os residuos orgánicos que xeran os centros nas cociñas, comedores e mesmo zonas verdes. O Concello proporcionoulles os medios e a formación e agora son os propios usuarios dos centros os que levan a cabo o proceso de elaboración do compost que utilizan para abonar os seus xardíns.
27.04.2022.- Para a posta en marcha deste programa, o Concello entregou aos centros participantes os composteiros de 800 litros de capacidade, guías de compostaxe, un medidor de temperatura e un aireador. Ademais, o mestres composteiros contratados polo Concello a través do plan provincial "Revitaliza" encargáronse da formación inicial aos monitores e fan seguimento dos procesos con visitas de control cada un ou dous meses para realizar as mediacións de temperatura da fermentación dos restos orgánicos, ver como evoluciona o proceso e resolver as posibles dúbidas que se poidan plantear.

O resultado destes primeiros cinco meses de actividade púidose comprobar hoxe na visita que o concelleiro de Obras, Servizos e Xestión de Residuos, Lino Mouriño, realizou ao centro de Con Eles. Tras unhas primeiras semanas nas que os mestres composteiros do Concello de Vilagarcía informaron e formaron a usuarios e monitores do centro, agora estes funcionan de forma autónoma e só reciben a visita mensual dos técnicos municipais para revisar o proceso.

Manuel Rey é o usuario encargado da compostaxe en Con Eles. El é quen se encarga no comedor de que os seus compañeiros separen debidamente os residuos orgánicos e os leva ao composteiro instalado no xardín. Manuel explicou que cada semana conta coa colaboración doutros dous usuarios para facer as tarefas, de xeito que coa rotación, todos van participando no proceso e coñecendo como se composta. O encargado indicou aos presentes como teñen que remexerse os restos unha vez que se botan no colector e como hai que engadirlles o material estruturante (restos vexetais das podas dos xardíns do centro) para acelerar o proceso de descomposición. Tamén fixo unha demostración das tarefas de aireado, proceso que se fai cunha ferramenta en forma de espiral.

Os monitores de Con Eles comentaron que grazas á información previa recibida, practicamente conseguiron prescindir da “bolsa do lixo” que se bota ao contedor tradicional verde, xa que o 90% dos restos orgánicos que xeran no centro, restos de podas e cortas de céspede incluídos, os eliminan coa compostaxe. Tamén corroboraron que o sistema é moi doado e non require ningún esforzo e que, ademais, non xera ningunha molestia.

O concelleiro, Lino Mouriño, agradeceu a colaboración das entidades sociais adscritas ao programa e a implicación dos seu persoal e usuarios apuntando que “son o mellor exemplo de que os residuos se poden xestionar de forma eficiente e sostible e dun xeito moi doado; un exemplo que dende o Concello queremos estender a outros moitos ámbitos do municipio".

Beneficios ambientais, económicos e economía circular

Mouriño felicitou aos usuarios e ao persoal de Con Eles polo “ben que o estades a facer” e destacou o dato de que, grazas á compostaxe, case teñan prescindido por completo da tradicional bolsa de lixo na que se desbotan os restos orgánicos “e que, si non se composta, teñen que eliminarse a través da incineración, o que ademais de prexudicar ao medio natural, implica uns importantes custes económicos”. Pola súa banda, o mestre composteiro fixo fincapé no modelo de economía circular tan en auxe polas súas bondades para a economía e o medio ambiente e no que encaixa á perfección a compostaxe ao contribuír a que os restos orgánicos procedentes dos nosos alimentos ou xardíns, se utilicen para obter o abono natural e ecolóxico que é o compost, que logo volvemos a usar nas nosas plantas ou hortas, dando como resultado plantas, froitas ou vexetais que regresan aos nosos pratos en forma de comida cuxos restos pechan do novo o círculo ao aproveitarse para a compostaxe.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -