_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello adapta a ordenanza de plusvalías aos cambios normativos impostos a nivel estatal polo Constitucional

O Concello de Vilagarcía somete o xoves á aprobación inicial do Pleno a modificación da Ordenanza fiscal nº I.4 que regula o Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana, a denominada plusvalía. O obxecto desta modificación é adaptar o texto municipal aos cambios introducidos a nivel estatal na Lei Reguladora das Facendas Locais a raíz da xurisprudencia creada polo Tribunal Constitucional, para cuxo trámite os concellos dispoñían dun prazo de 6 meses. No caso do de Vilagarcía, segundo os informes da Tesourería, os cambios non repercutirán nos niveis de ingresos previstos nos Orzamentos de 2022, posto que xa se tiveron en conta de cara a súa elaboración. Ademais, mantéñense os mesmos coeficientes que os fixados na Lei de Facendas Locais e non se modifican os tipos impositivos.
25.04.2022.- Pese a tratarse dun mero trámite legal que todos os concellos deben levar a cabo, as modificacións a incluír na normativa municipal teñen como obxectivo buscar solucións ás carencias ou problemáticas que se rexistraban cos criterios da anterior Lei de Facendas Locais. Para elo adecúanse as cargas tributarias derivadas da imposición do imposto á realidade actual e aos valores do mercado, e establécese unha fórmula de cálculo da base impoñible que permita coñecer con seguridade o incremento de valor producido na operación que grava o imposto.

As modificacións máis significativas, son:

- Adaptación da determinación do feito impoñible ao texto legal.
- Inclusión de todos os supostos de non suxeición previstos na Lei de Facendas Locais.
- Inclusión de todos os supostos de exención previstos na mesma lei, e rectificación daqueles que estaban previstos pero cunha redacción que non se axustaba aos contemplados actualmente.
- En canto aos suxeitos pasivos, incorpórase a figura do substituto do contribuínte para aqueles casos en que o contribuínte non resida en España.
- Modifícase toda a redacción relativa á determinación da base impoñible para recoller o estipulado na nova redacción do artigo 107 da Lei de Facenda Locais, eliminando da ordenanza a redacción contida nos antigos artigos 8 a 12.
- Elimínase a bonificación recollida para as operación de fusión ou escisión de empresas por non estar recollida na devandita lei.
- Establécese tamén o réxime de autoliquidación polo suxeito pasivo, aínda que de forma opcional.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -