_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
Móbiles, bicis, audífono, bastón e ata un administrador de insulina, na lista dos obxectos perdidos custodiados pola Policía

A Policía Local de Vilagarcía recolleu ao longo de 2021 un total de 356 obxectos de diversa índole extraviados nas rúas e lugares públicos da cidade. Entre a longa lista figuran cousas tan habituais como bolsos, chaves, gafas, carteiras con e sen cartos, móbiles ou documentación, e outras menos comúns como un audífono, un pulsómetro, un bastón e ata un administrador de insulina. Do total de obxectos entregados nas dependencias municipais polas persoas que os atoparon, 290 lográronse devolver aos seus propietarios. Os 66 restantes permanecen no depósito policial baixo custodia en espera de os donos os reclamen.
03.03.2022.- Os obxectos máis sinxelos de devolver aos titulares son os documentos que levan algún dato identificativo (nome, número de DNI….) que permitan localizar aos donos, aínda que contactar con eles non sempre é posible.
Entre os 290 obxectos que volveron ás mans dos seus titulares, 144 foron recollidos nas propias dependencias policiais, mentres que 46 remitíronse aos seus donos, unha vez localizados e comunicados con eles, mediante correo certificado, 24 a enderezos do mesmo termo municipal de Vilagarcía e 22 a outros municipios do territorio nacional.

A maioría dos obxectos foron entregados na Xefatura da Policía polos particulares que os atoparon, pero tamén hai lotes entregados por un grande supermercado da cidade e outro pola Policía Nacional composto por artigos que foron entregados nas súas dependencias.

A documentación semella ser o obxecto máis doado de extraviar a xulgar pola memoria, xa que constan 129 entradas no depósito. Ségenlle as carteiras (102 unidades), os teléfonos móbiles e outros elementos tecnolóxicos similares como auriculares, aipods ou tablets (55), bolsos e similares (26), bicicletas (13) e xoiais, reloxos e similares (8)

As persoas que crean ser donas dalgún destes obxectos poden pasar a requirilos polas dependencias da Policía Local, sitas no baixo do Concello. Antes de proceder a súa entrega, practicaránselle as correspondentes comprobacións a efectos de garantir a propiedade dos mesmos.

Consulta aquí o listado de obxectos perdidos que permanecen baixo custodia da Policía:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -