_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O modelo de mobilidade sostible de Vilagarcía recibe unha mención especial na Gala do Ciclismo Galego

O goberno local de Vilagarcía recibiu una agradable sorpresa durante a presentación da Gala do Ciclismo Galego que se celebrou este mediodía no Concello ao desvelar o presidente da Federación Galega de Ciclismo que unha das mencións especiais que se concederán será para o propio Concello de Vilagarcía polo seu modelo mobilidade sostible e de fomento do uso da bicicleta. Na gala que se celebra o sábado no Auditorio, tamén se homenaxeará ao vilagarcián Gustavo César Veloso, “un dos ciclistas máis importantes de Galicia”, en palabras do responsable da Federación, que acaba de poñer fin a súa carreira deportiva.
27.01.2022.- A elección de Vilagarcía para celebrar a festa do ciclismo non foi unha casualidade. A Federación pensou na capital tanto polas “magníficas instalacións culturais” das que dispón para a celebración deste tipo de eventos, como en recoñecemento “á aposta e á valentía que se está a demostrar nesta cidade coas súas políticas de promoción do uso da bicicleta e a construción das ciclovías, ademais de por ser berce dun ciclista de excepción como é Veloso”, apuntou Juan Carlos Muñiz, presidente da FGC.

O alcalde, Alberto Varela, agradeceu as palabras do responsable federativo e asegurou que para Vilagarcía é unha satisfacción esta mención “que recoñece a filosofía que estamos a seguir dende o Concello, que non entendemos a bicicleta como un elemento exclusivo para o ocio, senón que o tratamos como un medio alternativo e sostible de transporte que queremos potenciar e para o cal estamos a poñer as ferramentas e infraestruturas necesarias para que se poida utilizar de forma segura”. O rexedor engadiu que “este é o camiño polo que Europa nos está dicindo que temos que ir e que todas as cidades terán que seguir. Nós o estamos a facer, sentando as bases para que a bicicleta sexa un medio predominante para desprazarnos por Vilagarcía, algo que non se verá de un dia para outro, pero si a medio prazo”.

En relación a Veloso, Varela Paz asegurou que “para Vilagarcía é todo un orgullo contar cun deportista da súa talla, que tantas alegrías nos dou e que tantos éxitos trouxo para a cidade e que, estou seguro, que vai a seguir traballando para fomentar o ciclismo entre os seus veciños”.

O presidente da Federación comentou que na Gala entregaranse 16 mencións especiais e tamén haberá recoñecementos aos finalistas nos ránkings e campionatos de España en distintas modalidades de ciclos de carreta, mountainbike e ciclocross. Ademais, lembrarase a varias persoas finadas durante o ano 2021 e que tiñan destacado en diferentes ámbitos do mundo da bicicleta e impulsando a práctica do ciclismo, como cambadés Ernesto Falcón, o cangués, Adolfo Soliño, ou o veciño de Covelo, Guillermo Sande.

A Gala do Ciclismo Galego celebrarase o sábado, 29 de xaneiro, no Auditorio Municipal de Vilagarcía a partir das 19.30 horas. A entrada é libre e de balde, requiríndose unicamente a presentación do certificado covid e o uso obrigatorio de máscara. A presentación e dirección da gala correrá da man do xornalista deportivo Terio carrea e do actor e humorista, Pepo Suevos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -