_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Goberno e sindicatos celebran a consecución da primeira RPT do Concello, un documento base para futuras melloras

O alcalde, Alberto Varela, e os presidentes da Xunta del Persoal e do Comité de Empresa do Concello, José Luis Vila e Ramiro Carregal, xunto coa representante da CIG, Dina Porral, asinaron hoxe o acordo para a aplicación da primeira Relación de Portos de Traballo do Concello de Vilagarcía. Tanto o goberno como os representantes dos traballadores coincidiron en sinalar como “•histórico” o momento que chega tras 15 anos de negociacións. O acordo foi posible ao terceiro intento, o realizado no mandato de Varela e que culmina cinco anos de intenso traballo.
26.01.2022.- A relevancia do momento quedou patente na propia posta en escena cunha firma que se celebrou no Salón Nobre coa presenza de todos os delegados sindicais, varios membros do goberno e a Secretaria do Concello. As primeiras palabras do alcalde e tamén dos representantes sindicais foron de mutuo agradecemento polo talante e confianza demostrados durante estes anos de traballo conxunto e pola disposición a negociar que fixo posible chegar a este acordo.

As dúas partes celebraron a consecución da RPT, un documento interno para definir, organizar e concretar as funcións e retribucións de cada un dos 305 postos (funcionarios e persoal laboral) que conforman o plantel municipal. Varela apuntou que, “pese a ser de uso interno, é un dos documentos máis importantes dun Concello, case ao mesmo nivel que o PXOM, que nos permitirá modernizar a estrutura de funcionamento da administración e tamén adaptala ás actuais condicións de traballo e aos cambios introducidos pola dixitalización”. O rexedor destacou a dificultade do traballo realizado pola empresa especializada Galibalia ao ter que detallar un a un cada posto, e apuntou que a RPT ten que entenderse en conxunto en non a nivel individual”.

O presidente da Xunta de Persoal, José Luis Vila, puxo de manifesto a importancia de contar por fin cun documento que sirva de base para poder seguir traballando en diante “e que a partir de agora trataremos de seguir mellorando”. A propia concelleira de Persoal, Sonia Outón engadiu que “isto non é o fin de nada, é o mellor principio para continuar traballando, porque a RPT é un documento vivo”.

Ademais de outros aspectos, a RPT implica unha mellora salarial que, segundo o acordo asinado, se executará en tres anualidades. A primeira, este mesmo ano, no que se aplicará o 40% da subida prevista, mentres que o ano que ven se abonará un 30% e en 2024 o 30% restante.

O alcalde explicou que no Orzamento Municipal para 2022 que se está ultimando xa se prevé a partida correspondente a anualidade deste ano, e o seguinte trámite será aprobar en Pleno a RPT, momento a partir do cal se abrirá un período de exposición pública. De non presentarse alegacións, darse por aprobada definitivamente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -