_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello dotará de beirarrúas ao primeiro tramo da Rúa Ameixeiras aproveitando os terreos municipais dispoñibles

O Concello de Vilagarcía dotará de beirarrúas ao primeiro tramo da Rúa Ameixeiras aproveitando os terreos de titularidade municipal existentes como resultado da cesión realizada pola urbanización do solar que fai esquina coa Avenida de Cambados. Con esta actuación, o goberno local pretende mellorar a seguridade viaria nunha rúa que é moi transitada polos alumnos do instituto Armando Cotarelo e atender unha petición veciñal. O proxecto, que xa foi aprobado pola Xunta de Goberno Local, ten un custe de 72.442 euros dos cales 35.000 financiaranse co aval da promotora que deixou sen urbanizar os terreos e o resto con cargo ao Orzamento Municipal de 2022. O proxecto sacarase a licitación de xeito inminente.
26.01.2022.- Aproveitando para axustar a rúa ás alineacións recollidas no PXOM, o proxecto prevé construír beirarrúas totalmente accesibles no tramo dos 110 metros que ten de fronte cara a Rúa Ameixeiras o solar obxecto da cesión de terreos ao Concello. O pavimento das beirarrúas realizarase en formigón con especial atención aos acabados superficiais, tanto en cores como en texturas, e que deberá incluír cortes e xuntas de dilatación, a formación de pendentes mediante rigolas de escasa profundidade para a evacuación de pluviais, o tratamento dos bordes e aristas mediante pulido e rebaixe e a realización de cortes transversais ou uso de lousa hidráulica con botóns antideslizantes para sinalizar os pasos de peóns.

A incorporación dos terreos municipais á rúa permitirá habilitar unha liña de estacionamentos, co que a zona gañará prazas de aparcamento público. As zonas para aparcar construiranse en con aglomerado asfáltico.

A actuación tamén prevé a supervisión, posta a punto e adaptación das redes de recollidas de pluviais e saneamento, o soterramento do cableado eléctrico e a instalación das canalizacións soterradas para as liñas de telecomunicacións. Colocaranse luminarias d etecnoloxía LED, construiranse pasos de peóns elevados e pintarase toda a sinalización horizontal.

A maiores da execución desta obra, o executivo local pretende completar a construción de beirarrúas en toda a rúa. Dado que o ancho da vía non permite continuar a obra, o executivo xa iniciou os contactos con propietarios dos terreos contiguos para obter os terreos necesarios.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -