_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
A Policía detén a un home que trepou pola fachada dun edificio na rúa San Roque para roubar nunha oficina

A Policía Local de Vilagarcía detivo na madrugada de onte a un individuo que pretendía roubar nunhas oficinas situadas nun piso da Rúa San Roque ao que accedeu trepando pola fachada do inmoble. O detido por “tentativa de roubo con forza” é un veciño de Pontevedra de 55 anos de idade que responde ao nome de Diego A.G.
21.01.2022.- Os feitos aconteceron ás 01.45 horas da madrugada cando un viandante avisa telefonicamente á Policía Local de que un home estaba trepando pola fachada dun edificio da céntrica Rúa San Roque e accedendo ao interior dun piso a través dunha fiestra. Ao chegar ao lugar a patrulla comproba a existencia de danos nas tuberías e cableados de servizos que discorren ancorados pola fachada e ven unha fiestra entreaberta. Cando ían a facer a inspección ocular dende fóra coa axuda dunha grúa do Servizo de Emerxencias, achégase ao lugar o propietario da empresa con sede no devandito piso que, ao vivir nas inmediacións e ver o despregue, baixou a interesarse polo que estaba a suceder. Foi el quen abriu a porta do piso e acompañou aos axentes para que inspeccionaran o interior, atopando agochado nunha das dependencias ao individuo finalmente detido. O propietario da empresa comentou que hai uns meses xa sufrira un roubo co mesmo modus operandi no que se lle tiñan substraído 300 euros e un ordenador.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -