_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello segue apostando pola inclusión sociolaboral das persoas con autismo renovando a brigada verde de BATA

O Concello de Vilagarcía mantén dende xa hai anos un firme compromiso coa inclusión sociolaboral das persoas con diversidade funcional. No marco das iniciativas postas en marcha con este obxectivo, a Xunta de Goberno Local acordou esta semana renovar un ano máis o convenio coa asociación BATA para o mantemento da brigada verde a través da cal persoas con autismo integraranse nos servizos municipais de Xardíns e de Medio Ambiente para formarse como peóns forestais ou de xardinería e ir adquirindo práctica laboral mediante a realización de traballos prácticos supervisados polo persoal municipal.
20.01.2022.- A “Brigada de limpeza, mantemento, conservación de espazos naturais de uso público e zonas verdes” de BATA componse de tres persoas con autismo ou discapacidade intelectual. Acompañaranos un encargado e un preparador laboral, tamén da propia asociación. A brigada traballará un día á semana durante todo o ano. A firma deste contrato realízase a través de BATA Servizos Integrales a la Comunidad S.L., a sección da asociación que se encarga de favorecer a integración socio-laboral das persoas de espectro autista usuarias dos seus centros. Como se sabe, BATA é a única entidade de atención a persoas cos autismo en Vilagarcía de Arousa. O Concello de Vilagarcía porta á entidade unha achega de 9.272 euros para sufragar os gastos da brigada.

A colaboración do Concello de Vilagarcía con BATA para a posta en marcha desta brigada é unha iniciativa que se ven realizando anualmente dende hai xa 15 anos e que se desenvolve a través da Área de Igualdade e Benestar e da de Medio Ambiente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -