_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello adxudica os traballos de retirada da cruz falanxista e de restauración da fachada da igrexa de Santa Baia

A cruz falanxista en homenaxe a José Antonio Primo de Rivera e dos "caídos" do bando nacional que preside un lateral da fachada da igrexa parroquial de Vilagarcía ten os días contados. En cumprimento da Lei da Memoria Histórica e despois de trámites e obstáculos que se prolongaron durante anos, o Concello acaba de aprobar a adxudicación dos traballos de retirada da cruz e dos elementos que a acompañan, así como a posterior restauración da fachada do templo de Santa Baia cun orzamento total de 10.610 euros, dos cales 5.916 fináncianse cunha subvención da Deputación.
15.01.2022.- Os traballos, que levará a cabo a restauradora vilagarcián Iria López –que tamén se encargou da limpeza dos leóns e xerras do Concello e do arranxo da fonte da Praza de Rafael Pazos, entre outras labores- iniciaranse de xeito inmediato.

A Igrexa de Santa Baia de Arealonga é un edificio catalogado como ben patrimonial e arquitectónico a protexer. Por esta razón, calquera actuación sobre el debe ser revisada e autorizada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Neste caso, o departamento autonómico revalidou en abril do ano pasado o permiso concedido en 2004 para retirar a cruz, traballos que naquel momento non se levaron a cabo por faltar a autorización do Arcebispado. Nestes momentos xa se conta tamén con ese permiso, o goberno local xa falou co párroco para comunicarlle os plans e tamén se volveu a dirixir a Patrimonio para informar da intención de iniciar os traballos canto antes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -