_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Os adornos elaborados por Mateo e Chloé Ferreiro con pezas de bicicletas gaña Concurso de Decoración Sostible de Nadal

A terceira edición do Concurso de Decoración Sostible de Nadal convocado pola Concellería de Xuventude xa ten gañadores. O orixinal conxunto de adornos elaborados por Mateo e Chloé Ferreiro García utilizando pezas de bicicletas vellas foi o mellor valorado polo xurado, quedando en segundo posto a vila navideña que Martín Costa Calvo deseñou a base de briks e cascas de pistachos. O terceiro premio recaeu na árbore de Nadal realizada con papel e dos anxeliños creados con cunchas e cápsulas de café obra de Jimena Oubiña Ferreiro.
15.01.2022.- Como xa acontecera o ano pasado, no que o concurso pasou do ámbito escolar, ao familiar, a convocatoria trasladouse ao interior dos fogares dos nenos e nenas vilagarciáns co obxectivo de que eles mesmos participasen do forma activa na decoración das súas casas utilizando materiais naturais, reciclando e utilizando refugallos. Os premios concedéronse en base á puntuación obtida polos traballos, en base aos criterios de avaliación fixados nas bases, tendo en conta os elementos antes expostos, así como á orixinalidade e laboriosidade dos deseños. Os tres finalistas obtiveron unha alta valoración do xurado, con puntuacións moi axustadas de 8,8 para o primeiro premio, 8,1 para o segundo e 7 para o terceiro.

Como gañadores do concurso, Mateo e Chloé recibiron como premio unha tablet valorada en 300 euros, mentres que Martín e Jimena, como segundo e terceira clasificados, un lote de material didáctico e lectura valorados en 200 e 100 euros respectivamente.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -