CULTURA
O CDG pon autobús gratuito para asistir á representación de “A Peste” o día 29 no Salón Teatro de Santiago O Centro Dramático Galego, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía ofrece aos veciños da cidade a oportunidade de desprazarse de balde a Compostela para asistir á representación da obra de “A Peste” o vindeiro sábado, 29 de xaneiro, no Salón Teatro de Compostela. O CDG pon a disposición dos vilagarciáns un autobús para asistir á función, para o cal deberán ter adquirida a entrada e reservar praza no transporte enviando un correo ao enderezo cultura@vilagarcia.gal ou dirixíndose directamente á portería do Auditorio Municipal entre o 15 e o 28 de xaneiro ás 14 horas. Ofértanse 50 prazas que se adxudicarán por orde de inscrición.
14.01.2022.- A iniciativa do CDG enmárcase no seu programa de Mobilidade e leva por título “Subes ao autobús do teatro?”. Para asistir á función do día 29 de xaneiro ás 20.00 horas, o transporte partirá do Auditorio Muni8cipal de Vilagarcía ás 18.30 horas e o regreso está previsto para as 23.00 horas.
Ademais de ter reservada apraza no autobús, son requisitos presentar o certificado covid ter adquirida a entrada para a función, o que se pode facer a través de http://www.ataquilla.com por 6 euros (máis gastos de xestión). “A Peste” que se estrea o día 20 de xaneiro en Compostela, é unha versión da famosa obra de Alber Camus que para a produción do CDG dirixe Cándido Pazó.
Sinopse
O texto aborda de xeito metafórico as grandes pragas causadas polo ser humano.El plena pandemia, a peza ofrece unha reflexión sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise. A través do personaxe do doutor Rieux, a historia narra os sucesos na cidade de Orán durante unha praga de peste que a asedia e pon os seus habitantes en corentena. Céntrase nos periplos das persoas encerradas, en como loitan contra a praga e lle buscan un sentido á súa situación, primeiro nunha loita egoísta pola supervivencia, logo a través do esforzo colectivo e comunitario. Evaristo Calvo, César Cambeiro, Nacho Castaño, Xurxo Cortázar, Salvador del Río, Casilda García, Paku Granxa, Luís Iglesia, Tone Martínez, Rebeca Montero, Marcos Orsi, Santiago Prego, María Roja, Santiago Romay e Carlos Sante compoñen o elenco que lles dará vida ás personaxes deste clásico.