_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
A conexión por fibra chegará a 522 vivendas e empresas do rural e do extrarradio coa primeira fase do plan estatal ÚNICO

O Goberno do Estado vén de poñen en marcha en Vilagarcía as primeiras actuacións do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais “ÚNICO” que permitirá que a conexión a internet por banda ancha chegue a distintas zonas do rural e do extrarradio. Nesta primeira fase do programa integrado no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Goberno serán 522 vivendas, empresas e parcelas urbanizables de distintas parroquias do municipio ás que se beneficien da medida. Trátase de zonas ás que na actualidade non chegan as liñas de telecomunicacións e que, mediante ao investimento público, disporán en breve cun servizo cada vez máis demandado e necesario.
13.01.2022.- A subdelegada do Goberno, Maika Larriba, visitou hoxe o Concello para informar, xunto co alcalde, Alberto Varela, do contido do plan ÚNICO-Banda Ancha no que a Vilagarcía se refire. As primeiras 522 vivendas, empresas e parcelas urbanizables ás que se estenderá a conexión a internet nesta primeira fase correspóndense con 44 das 150 zonas brancas (as que aínda carecen da infraestrutura) recollidas no propio Plan e que están situadas en lugares do rural ou do extrarradio. O maior número de beneficiarios destas primeiras actuacións (un total de 223 vivendas e empresas) sitúanse en Sobradelo (principalmente en Vilaboa), Cornazo, Carril e Faxilde; ainda que tamén se beneficiarán das obras veciños de diversos lugares de Vilaxoán, Bamio, A Laxe, Rubiáns, O Sixto, Trabanca Sardiñeira, Trabanca Badiña, Fontecarmoa e Lomba.

A dotación da infraestrutura levarase a cabo a través da colaboración pública-privada. O Estado financia o 65% do investimento e as empresas de telecomunicacións, nesta caso Telefónica-Movistar, financia o 35% restante. Larriba comentou que os traballos desta primeira fase xa están en marcha e, dado que o programa terá unha duración de 4 anos, contemplará novas fases a desenvolver en Vilagarcía, xa que o obxectivo do mesmo é “lograr que en 2025 o 100% da poboación española teña conexión de banda ancha de máis de 100 MB por segundo”.

O alcalde congratulouse da posta en marcha deste plan de universalización das infraestruturas dixitais e dos obxectivos marcados polo Goberno, “porque coa pandemia quedou patente que aínda non estabamos suficientemente preparados para o teletraballo e que, especialmente as zonas do rural adolecían de conexión a internet”. Varela Paz apuntou que en Vilagarcía había numerosas demandas de pequenos núcleos afastados do centro ou situados no rural que viñan demandando a conexión internet, unha necesidade que as empresas de telecomunicacións non acometían por ter que facer grandes investimentos para atender a poboacións dispersas, con escasos clientes potenciais, que non rentabilizaban o custe. Este obstáculo solvéntase coa inxección económica do Estado, que destina ao Programa 249 millóns de euros dos fondos europeos para a recuperación económica, dos que 30 se destinan a Galicia e 6,4 á provincia de Pontevedra.

O rexedor rematou agradecendo á subdelegada que siga sendo portadora de boas noticias e de novos investimentos para Vilagarcía “que corroboran, unha vez máis, o firme compromiso que o Goberno do Estado ten coa nosa cidade, como xa o demostrou en numerosas ocasións, as máis recentes coa recuperación das conexións ferroviarias directas a Madrid, coa execución da segunda fase do Paseo Marítimo ou mediante a concesións de 3 millóns de euros para financiar os proxectos presentados polo Concello aos fondos Next Generation para a dinamización dos sectores turísticos e comerciais.

Xa a nivel máis xeral, Varela apuntou que con este plan o Goberno tamén afronta con pulso firme os principais retos do século XXI. O primeiro a universalización da dixitalización, una elemento que, como advertiu Larriba, tamén se romperá a brecha dixital, se favorecerá a inclusión, se mellorará a calidade de vida dos cidadáns e se loitará contra a despoboación das zonas rurais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -