_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía pecha o 2021 recibindo medio millón de euros dos Next Generation para o comercio de proximidade

Apenas un par de horas despois de que o alcalde, Alberto Varela, valorase o 2021 "como un ano bo para Vilagarcía, pese a situación sanitaria", a cidade recibiu outra excelente noticia para pechar o exercicio. A concesión de 537.023 euros dos fondos europeos Next Generation para financiar o "Vilagarcía Viva", o proxecto de revitalización do comercio de proximidade deseñado pola Concellería de Promoción Económica do Concello. Con esta nova, Vilagarcía fai pleno no Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia posto en marcha polo Goberno do Estado con fondos liberados pola Unión Europea para paliar a crise económica xerada pola pandemia, posto que ademais desta, tamén obtivo financiamento a segunda proposta presentada á convocatoria, a do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), que recibiu outros 2,5 millóns de euros.
01.01.2022.- O "Vilagarcía Viva" enmárcase no Plan de Promoción e Recuperación Económica Vilagarcía 20-21que está a executar o Concello cunha dotación superior ao millón de euros. A intención do executivo socialista era ampliar este plan ata finais de 2022, algo que xa está garantido coa obtención desta nova axuda. Os fondos terán como obxectivo revitalizar o comercio de proximidade, un dos sectores que máis sufriu durante a crise sanitaria, xa que a liña do programa europeo a través da que se obteñen é a dedicada ao “apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtos de comercialización”.
A proposta elaborada pola concellería que dirixe Alba Briones concreta o ámbito de actuación do "Vilagarcía Viva" tanto na Praza de Abastos, como no pequeno comercio e nas zonas urbanas comerciais. E as accións a desenvolver oriéntanse á transformación dixital e do punto de venta dos negocios, a actuacións de sustentabilidade e economía circular, a formación para o sector comercial e a intervencións en materia de adecuación de espazos, eficiencia enerxética e xestión de residuos.

O obxectivo é aproveitar estes fondos para promover a modernización do tecido comercial local, de xeito que saia fortalecido e sexa máis competitivo e eficiente de cara ás necesidades do consumidor actual, á vez que se axuste aos requisitos medio ambientais e enerxéticos que se defenden dende Europa.
A proposta vilagarciá estrutúrase en tres eixos de actuación: Praza de Abastos, zonas comerciais e na propia cidade.

Eixo 1: Praza de Abastos

Dedicado á recuperación de mercados tradicionais, neste eixo recóllense diversas intervencións no Mercado público, tales como a adquisición de caixas de recollida intelixente para a entrega e recollida da compra, a posta en marcha dun servizo de reparto a domicilio mediante vehículo eléctrico, a instalación de paneis solares e a implantación de medidas de eficiencia enerxética.
Tamén se prevé para a realización de obras de adaptación, mellora dos espazos e accesibilidade, a implantación dun sistema de valorización enerxética dos residuos orgánicos e o acondicionamento da planta superior do edificio para o desenvolvemento de accións formativas e de sensibilización en materia de consumo responsable e economía circular.

Eixo 2: Zonas Comerciais

Este eixo céntrase no comercio local e inclúe actuacións dirixidas á dixitalización e uso das novas tecnoloxías para a mellora dos procesos de compra. Para iso proponse a implantación de zonas dixitalizadas de carga e descarga e a instalación de puntos de entrega intelixentes en diferentes zonas da cidade de fácil accesibilidade. Tamén se financiarán a adquisición de ferramentas de autodiagnóstico de viabilidade do pequeno comercio, así como a realización de accións de sensibilización e formación en materia de dixitalización e desenvolvemento dun programa de titorización individual para a modernización, revitalización e dixitalización do comercio tradicional.

Eixo 3: Cidade Resiliente, Humanizada e Sustentable

No terceiro e último eixo intégranse, entre outras, medidas como a creación do Banco Municipal de Locais Comerciais, o desenvolvemento de accións e eventos para a dinamización e revitalización das zonas comerciais, actuacións de ornamentación e decoración destes espazos, pequenas obras de accesibilidade e instalación de sinalética integral das zonas comerciais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -