_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía obtén 2,5 millóns dos fondos Next Generation para modernizar e impulsar o turismo sostible na cidade

O Concello de Vilagarcia vén de recibir a confirmación da concesión de 2,5 millóns de euros dos fondos europeos Next Generation correspondentes ao Plan Estatal Turístico Xacobeo. A aprobación da proposta vilagarciá denominada Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), permitirá desenvolver proxectos tendentes a modernizar e impulsar o turismo sostible mediante a accións de recuperación de espazos, dotación de infraestruturas e equipamentos e creación de novos servizos, pasando por actuacións de sinalización inclusiva e dixitalizada.
10.12.2021.- O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira encargada da xestión de fondos europeos, Paola María, deron a coñecer esta “excelente noticia para Vilagarcía, posto que permitirá posicionar o noso municipio como un destino turístico moderno, sostible, saudable e orientado ao público familiar, o que, complementado con todos os demais investimentos que estamos a realizar a través doutros programas, reverterá de xeito moi importante na dinamización da cidade, na mellora da calidade de vida na mesma, e na xeración de riqueza”.

Paola María explicou que para que o proxecto vilagarciá fose aprobado, entre os requisitos esixidos atopábase o cumprimento de determinados niveis en canto a cada un dos catro eixos incluídos nesta estratexia de desenvolvemento turístico. Polo tanto, todas as accións que se financiarán a través destes fondos cumpren coa finalidade descrita en cada eixo:

Eixo 1: TRANSICIÓN VERDE

- Restauración ambiental para enlazar a Vía Verde coas ciclovías e a rede Eurovelo.
- Creación de estacións BTT vinculadas ás rutas existentes.
- Acondicionamento de párkings disuasorios en colaboración co sector.

Eixo 2: EFICIENCIA ENERXÉTICA

- Renovación de alumeado no paseo peonil da praias, espazos de ocio e parques en Camiño de Santiago e áreas das Ciclovías
- Electricidade e iluminación eficiente en parcela recuperada na fachada marítima do Ramal.

Eixo 3: TRANSFORMACIÓN DIXITAL

- Desenvolvemento dunha nova web, app e contidos multimedia.
- Oficina de turismo dixital e intelixente (smart CRV)
- Sinalización dixital na rede de ciclovías, o seu enlace co Eurovelo E1 proxectado e Camiño de Santiago.

Eixo 4: COMPETITIVIDADE

- Acondicionamento para uso público e turístico da parcela do Ramal de 6,800m2.
- Oficina técnica para asesoramento durante o proceso de elaboración, execución e xestión da estratexia.
-

Trámite e prazos de execución

A concelleira comentou que unha vez confirmada a concesión dos fondos, o Concello terá que esperar a que o organismo xestor dos fondos remita a guía dos procedementos a seguir na tramitación e execución dos fondos, aínda que supón que será similar á que xa se está aplicar para as EDUSI ou o MOVES, “polo que partimos coa avantaxa de contar xa con bastante experiencia”. Para ir gañando tempo, de forma paralela iranse redactando os proxectos concretos e individualizados de cada acción. O prazo de execución dos investimentos remata a finais de 2024.


Alberto Varela comentou que, aínda que en principio se solicitará financiamento por importe de 3,5 millóns de euros, a concesión destes 2.490.852 euros “é un logro moi importante”. Primeiro, porque o proxecto presentado por Vilagarcía é o terceiro en toda España en obter maior financiamento, precedido só polos de Benavente, que recibiu 3 millóns, e moi de cerca polo de Bilbao, que obtivo pouco máis de 2,5 millóns. Ademais, un bo número de municipios, incluso de maior entidade que Vilagarcía, e organismos que quedaron fora da convocatoria, explicou o socialista.

Máis de 12,5 millóns de euros de financiamento externo captados en 6 anos

Todo isto, ampliou, “confirma tamén a calidade do noso proxecto e o bo traballo que se está a facer para acadar este nivel de éxito nas convocatorias europeas”. Neste punto, o alcalde lembrou os 5 millóns de euros obtidos a inicio do seu primeiro mandato a través das EDUSI para financiar o programa de rexeneración urbana “Vilagarcía Avanza”, os 173.000 do "FEDER EELL Iluminación Exterior Sostible” para medidas de aforro e eficiencia enerxética, ou os 350.000 euros do Moves para a creación dos Camiños escolares seguros.

Varela lembrou que nos 6 anos que leva ao fronte do goberno local de Vilagarcía, lévanse conseguido 12,5 millóns de euros procedentes de outras administracións “o que resulta vital para que Vilagarcía, que conta cuns orzamentos moi limitados, poida avanzar a ritmo acelerado e progresar adecuadamente”. E aínda queda por resolver unha convocatoria europea máis, tamén dos fondos Next Generation para a recuperación económica tras a pandemia. Trátase da presentada dende a Área de Promoción Económica para potenciar e dinamizar o comercio local de proximidade con accións presupostadas en 815.000 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -