_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Os Reis Magos ultiman o programa da visita deste ano a Vilagarcía

Como xa acontecera o ano pasado, as súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar tamén se viron obrigados este ano a cambiar o seu protocolo habitual de visitas durante o Nadal para adaptarse ás normas de seguridade impostas pola pandemia. Maila isto, os nenos e nenas de Vilagarcía terán a oportunidade de volver a reencontrarse cos Reis Magos, que xa están ultimando a axenda de actos a desenvolver durante a súa visita anual a Vilagarcía.
30.11.2021.- Dado que aínda queda máis de un mes para o esperado Día de Reis, as casa reais de Melchor, Gaspar e Baltasar xa están organizando co Concello dúas importantes citas. A primeira será unha gran recepción para que todos os cativos, e tamén os maiores que o desexen, poidan ir a saudar persoalmente aos Magos de Oriente, un acto similar ao desenvolto por primeira vez o ano pasado, pero adaptado ás condicións sanitarias deste.

Igualmente, o Concello e as casas reais están traballando xa dende hai unhas semanas na organización da Cabalgata, acto cuxas características e posta en escena van a depender das normas sanitarias en vigor neses momento.

A previsión é que os Reis Magos cheguen a Vilagarcía uns días antes para poder celebrar as recepcións necesarias para que todos os vilagarciáns poidan pasar a saudalos, e que o tradicional desfile sexa, como sempre, a tarde do 5 de xaneiro.

As características dos eventos, horarios, normas de participación e demais, faranse públicos tan pronto como se peche o programa e con tempo suficiente para que todos os nenos e nenas da cidade poidan ir preparándose para a esperada cita.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -