_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Autocine de Nadal, os obradoiros de cociña e a animación de rúas, pratos fortes do “Nadalízate”

O Concello de Vilagarcía aglutina baixo a marca “Nadalízate” toda a programación lúdico cultural destinada ao público familiar para as festas que se aveciñan. Un programa que, tras o éxito da primeira edición do pasado ano, volve a contar co Autocine de Nadal, así como cos obradoiros de cociña para a rapazada, espectáculos de rúa para animar o ambiente, o Mercado de Nadal, a visita do Apalpador, as atraccións do Fexturrón e o campamento urbano.
Con finalidade lúdico educativa e tamén de conciliación, o programa comeza o día 22 de decembro cos campamentos urbanos de Nadal organizados por Xuventude para cativos de 3 a 7 anos e que se desenvolverán polas mañás no colexio da Escardia.

Para introducir aos máis novos no arte dos fogóns, a zona de restauración da Praza de Abastos acollerá os dous obradoiros de cociña para rapazada de 6 a 12 anos que terán lugar os días 22 e 29 de decembro pola mañá. Poderán participar 10 persoas por obradoiro, completamente de balde, e os interesados deberán inscribirse mandando ao enderezo omix@vilagarcia.gal o formulario de solicitude xenérica que se atopa na sede electrónica do Concello. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición e o prazo para anotarse vai do 10 ao 17 de decembro para a sesión do día 22 e do 17 ao 24 para a do día 29.

O Autocine de Nadal volverá a instalarse no aparcadoiro posterior de Fexdega onde se proxectarán tres películas: “Santa Claus y CIA” o 26 de decembro, “El origen de los guardianes” o día 30 e “Los Croods: una nueva era” o 7 de xaneiro. A entrada tamén será de balde con reserva previa a través da plataforma www. vivetix.com.

A animación de rúas comezará o día 23 de decembro co pasarrúas “A caixiña dos trasnos de Nadal” a través do cal varios trasnos percorrerán o centro da cidade realizando divertidas coreografías. O día de Noiteboa pola mañá terá lugar un orixinal desfile no que Papa Noel percorrerá as rúas dentro dunha enorme bola de neve e con acompañamento musical.
A ambientación e dinamización de rúas complétase co Mercado de Nadal instalado entre as prazas da Independencia e de España que se poderá visitar do 3 de decembro ao 2 de xaneiro.

A tradición popular tamén ten cabida no Nadalízate coa visita do Apalpador, que percorrerá as rúas da cidade xunto co seu compañeiro acordeonista o 4 de xaneiro a través do programa Nadal en Galego.

E a diversión do Nadalízate tamén estará garantida no parque de atraccións do Fexturrón, que funcionará ata o 9 de xaneiro en Fexdega con pista e tobogán de xeo, infinidade de atraccións de feira, obradoiros e animación e servizo de restauración. Os horarios e prezos poden consultarse en http://www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=12035

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -